Cooperação transfronteiriça Cerveira-Tomiño recebe primeiro financiamento comunitário
21 Novembro, 2014Tomiño e Cerveira acordan traballar nunha xestión compartida da piscina e da escola de música municipais
27 Novembro, 2014A cooperación transfronteiriza Tomiño-Cerveira recibe o primeiro financiamento comunitario
Os alcaldes de ambos os municipios salientan a importancia de carácter simbólico que ten este primeiro recoñecemento a nivel europeo.
A cooperación transfronteiriza entre as localidades de Tomiño e Vila Nova de Cerveira, vén de recibir a primeira subvención de fondos europeos para levar a cabo o proxecto “Ponte da Amizade = Europa sen Fronteiras”, no ámbito do programa comunitario “Europe for citizens”.
O financiamento (de 20.000 euros) para apoiar a realización das actividades previstas entre as dúas comunidades, en setembro de 2015, foi o único concedido para proxectos deste tipo, na segunda convocatoria de 2014.
Esta primeira aprobación, máis alá do seu importe, reviste un gran simbolismo, por revelar o impacto que este protocolo de amizade e cooperación transfronteirizo, asinado entre os municipios de Tomiño e Cerveira o 11 de xuño pasado, está a ter nas poboacións limítrofes e nas entidades europeas representativas da cooperación transfronteiriza.
Os alcaldes de ambas as vilas, Sandra González (Tomiño) e Fernando Nogueira (Cerveira), cren que as actividades realizadas e o vasto historial de cooperación común, co apoio técnico da Agrupación Europea de Cooperación Transfronteiriza Galiza-Norte de Portugal, contribuíron para o desenlace positivo desta primeira candidatura. Ademais, ambos os dous rexidores destacaron que conseguir este primeiro financiamento entre os dous municipios abre portas para a presentación doutros proxectos conxuntos.
De momento, os dous Concellos están a promover o debate da Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Cerveira-Tomiño 2014-2020, a través da organización de catro Focus Group, reunindo poboación e axentes locais e entidades rexionais do Norte de Portugal e de Galicia. Con todas estas reunións e encontros transfronteirizos búscase poder realizar e preparar diagnósticos que terán coma resultado a presentación dun plan de acción, con proxectos que serán presentados a candidaturas de fondos comunitarios, e especialmente ao Programa de Cooperación Interreg V – España-Portugal (POCTEP), 2014-2020.