logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
✕
O AECT Rio Minho incorpora como director ao novo alcalde de Cerveira, Rui Teixeira
O AECT Rio Minho incorpora como director ao novo alcalde de Cerveira, Rui Teixeira
9 Novembro, 2021
Fronteiras Portugal/Espanha: A luz ao fundo do túnel
Novas medidas COVID-19 geram confusão a residentes nas regiões transfronteiriças
1 Decembro, 2021

A Eurocidade aborda coa Deputación de Pontevedra os proxectos de futuro

18 Novembro, 2021
A Eurocidade aborda coa Deputación de Pontevedra os proxectos de futuro

A Eurocidade Cerveira-Tomiño e a Deputación de Pontevedra fan unha fronte común para “aproveitar o momento” e levar adiante proxectos de futuro reclamando unidos a inxección de novos fondos europeos do ‘Next Generation’. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o deputado para a Cooperación transfronteiriza, Uxío Benítez, reuníronse co novo alcalde de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, e coa rexedora de Tomiño, Sandra González para abordar proxectos como a nova ponte peonil. “É importante desenvolver e implementar unha estratexia consensuada que contribúa a afianzar os lazos de amizade e colaboración en proxectos comúns ás poboacións e institucións portuguesas e galegas”, salientou o alcalde cerveirense.

Durante o encontro debateuse sobre asuntos específicos como o proxecto do Parque da Amizade Cerveira-Tomiño, pero tamén doutros proxectos integrais froito dunha radiografía do enorme potencial do que dispón o territorio transfronteirizo nas máis diversas áreas.

O encontro, que tivo o seu momento institucional coa sinatura do rexedor cerveirense e da alcaldesa de Tomiño Sandra González no libro de honra da Deputación, serviu tamén como xornada de traballo para poñer sobre a mesa os avances na tramitación da construción da ponte peonil que unirá Tomiño e Cerveira. A alcaldesa Sandra González indicou que a ponte é un proxecto “para revalorizar o territorio, un espazo único e transfronteirizo que debe ser exemplo de sustentabilidade amais dunha irmandade entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira. Os Fondos Next Generation deben darlle o empurrón final”.

Neste sentido, anunciouse que xa existen informes sectoriais positivos das administracións competentes e que hai boa predisposición tanto a nivel autonómico como estatal para conseguir fondos europeos que financien a obra, aínda que é preciso pechar compromisos en firme e agardar a distribución final dos cartos. Respecto ao proxecto do Parque da Amizade, Carmela Silva subliñou que máis alá da calidade da obra arquitectónica, será “un vínculo de unión para crear estratexias e accións conxuntas e garantir dereitos e servizos a ambos lados do Miño”. Cualificouno como “innovador” e “unha excelencia”, para a que “temos o compromiso do Goberno para recibirnos e tomar conciencia de cal é este proxecto”.

Pola súa banda, o deputado Uxío Benítez, subliñou que o proxecto gañador para esta ponte chegou da man da UTE de Burgos&Garrido e o enxeñeiro Alejandro Bernabeu e que o resultado é un proxecto que se adapta á contorna e que permitirá unir ambas beiras do río nun parque transfronteirizo.

 

Novas relacionadas

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música
27 Marzo, 2023

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música


Ler máis
Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’
15 Marzo, 2023

Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’


Ler máis
As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”
10 Marzo, 2023

As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • No translations available for this page