Proxecto

Proxecto

 
A estratexia de cooperación transfronteiriza nace da vontade conxunta da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira e do Concello de Tomiño de establecer liñas de intervención conxuntas para o desenvolvemento integral do territorio, dentro da estratexia Europa 2020, que se concreta no espazo Eurorrexional no Plan de Investimento Conxunto Galicia-Norte de Portugal.
 
A Axenda de Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño ten como obxectivo principal a procura dun crecemento sostible do territorio que repercuta positivamente na mellora da calidade de vida e da cohesión social da poboación neste espazo común, baseado na colaboración das potencialidades dun recurso común como é o río Miño, na preservación e promoción intelixente dos seus valores naturais, culturais e etnográficos, en compartir e optimizar os equipamentos e servizos públicos, así como os recursos humanos e económicos, nun programa de cooperación orientado cara o futuro.
 
Este obxectivo pasa necesariamente por afondar e consolidar as relacións institucionais a través dunha programación e xestión conxunta e compartida dos distintos servizos públicos e pola implicación da cidadanía na proposta de solucións comúns para a resolver problemas comúns.
 
O obxectivo do presente proxecto céntrase en fomentar a igualdade de oportunidades entre toda a cidadanía dos dous países como factor de mellora das condicións de vida e de cohesión social e económica, baseadas en accións deseñadas, desenvolvidas e postar en marcha polos actores locais, xa que son estes os que teñen un maior coñecemento sobre as problemáticas existentes no territorio.
 
Os resultados do proxecto poden ser divididos en catro grupos, dacordo coas actividades. O primeiro grupo concentra os resultados acadados na animación das relacións entre os concellos de Vila Nova de Cerveira e Tomiño, contribuíndo á "mellora das estruturas institucionais para a cooperación e funcionamento", na medida na que se constitúe un novo modelo de gobernanza transfronteiriza baseado nun traballo conxunto entre as dúas autoridades locais a nivel técnico e político, cun compoñente de avaliación e participación pública efectiva.
 
No segundo grupo de resultados esperados concéntranse aqueles que contribúen á cohesión social pola xestión compartida de servizos públicos ao permitir o acceso universal e común da cidadanía a unha serie de servizos sociais colectivos de carácter público, independentemente do lado da fronteira en que vivan o en que se encontre o equipamento en cuestión.
 
O terceiro grupo de resultados reflicte tamén unha maior aproximación entre as condicións sociais e económicas das dúas beiras, na medida en que pretenden borrar as asimetrías existentes no acceso ao mercado de traballo e no fomento do emprendemento e basear as novas oportunidades de negocio e emprego en sectores clave da economía local e/ou no recurso común do río Miño.
 
O cuarto grupo de resultados engade aqueles que contribúen ao desenvolvemento das habilidades e capacidades técnicas dos actores involucrados a través da avaliación comparativa, do intercambio de experiencias e da participación en redes de cooperación.
 
A Axenda Estratéxica de Cooperación Cerveira-Tomiño é un proxecto cofinanciado ao 75% pola convocatoria INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da UE.