Economía

Economía

 

A actividade agraria ten maior relevancia no concello de Tomiño, con cultivos como o viño, o kiwi ou a planta ornamental, que representan un volume importante en xeración de valor. A actividade industrial ten máis peso en Vila Nova de Cerveira pola existencia de parques empresariais ocupados, nunha parte importante, con industrias vinculadas á area viguesa.

As posibilidades de desenvolvemento de ambas actividades non están esgotadas e supoñen a base da economía de ambos concellos polo que a súa promoción e extensión son imprescindíbeis para o emprego e o desenvolvemento da Eurocidade.

Complementariamente á actividade da industria e a agricultura, hai boas posibilidades de desenvolver un sector terciario en torno ao turismo, hostelaría, gastronomía, valores paisaxísticos e culturais vencellados ao río Miño.

O desenvolvemento económico debe basearse na complementariedade de recursos. Na cooperación e busca de sinerxías mais que na competencia.


APP TURISMO ACCESIBLE


app-turismo-accesible

Presentámos a app 'Turismo accesible', unha ferramenta innovadora para axudar a descubrir os locais de interese en Vila Nova de Cerveira e Tomiño. Unha lista dos puntos máis relevantes como espazos ao ar libre, monumentos, arte, arquitectura, museos e deporte, debidamente acompañados por unha descrición da contorna.

Unha app interactiva e bidireccional que permite ao usuario suxerir alteracións ou rectificacións nos percorridos. Son recursos esenciais e priomordialmente concibidos para quen ten mobilidade reducida e deficiencia visual.



GUÍA PARA A PROMOCIÓN DO TURISMO


portada-guia-turismo-Eurocidade-web-1

O turismo de Cerveira-Tomiño constitúese como unha actividade económica con grandes potencialidades empresariais e laborais. As tendencias actuais do turismo obriga a novos contidos e experiencias que requiren a promoción dun uso sustentable do territorio baseado nos seus recursos endóxenos.

Por este motivo nace a 'Guía para a promoción do turismo, resultado de 18 meses de traballo conxunto a prol dunha mellora na divulgación e na promoción da competitividade do sector a través da compilación dos principais recursos naturais, culturais e patrimoniais de ambos municipios, con vista ao desenvolvemento sustentable dun territorio común. Cunha forte metodoloxía participativa, esta guía permitiu por primeira vez que moitos axentes turísticos de Cerveira e Tomiño se coñecesen e sentasen á mesma mesa para converxer ideas e perspectivas de futuro.



PROMOCIÓN DE RECURSOS E ACTIVOS TURÍSTICOS




PROGRAMACIÓN TRANSFRONTEIRIZA DENTRO DA 16ª MOSTRA DE CULTIVOS DO BAIXO MIÑO




XORNADAS


'O turismo no contexto transfronteirizo Cerveira - Tomiño. Experiencias, desafíos e oportunidades'