logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
As valedoras de Cerveira e Tomiño, finalistas do premio de “Boa práctica en participación cidadá 2019”
9 Xullo, 2019
VII Certame de pintura Antonio Fernández
O Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández faise transfronteirizo coa Eurocidade
17 Xullo, 2019

A Eurocidade dá un paso máis na promoción de recursos e activos turísticos de Tomiño e Cerveira

11 Xullo, 2019

Operadores turísticos e axentes culturais participaron na demostración culinaria da recoñecida chef Toñi Vicente, que buscaba a promoción do Mercado de Tomiño

Aproveitaron a visita para desfrutar en primeira persoa da navegación polo río e coñecer os barcos de paseo que operan dende Cerveira e os do club Sen Amarras para a navegación inclusiva dende o pantalán de Goián

 

Dar a coñecer de primeira man os recursos e activos turísticos da Eurocidade Cerveira-Tomiño. Ese é o obxectivo co que a Eurocidade está a poñer en marcha unha serie de actividades de dinamización e promoción turística transfronteiriza nas que o río Miño e o Mercado de Tomiño foron os grandes protagonistas. Deste xeito, operadores turísticos e axentes culturais galegos e portugueses asistiron á demostración culinaria realizada pola recoñecida chef tomiñesa Toñi Vicente neste mercado, un showcooking no que participaron máis de 100 persoas e que serve para dar continuidade á positiva experiencia da Xornada sobre o Turismo no Contexto Transfronteirizo celebrada o pasado mes de xaneiro.

Actividades enfocadas á promoción do territorio e, á vez, do propio Mercado Municipal de Tomiño, o primeiro en ser distinguido pola Xunta de Galicia como Mercado de Excelencia, e convidado á 10ª Conferencia Internacional de Mercados Públicos de Londres, onde foi elixido como exemplo de mercado público con especial acento no seu papel como cohesionador social, conectando a economía local e a comunidade. Tomiño foi seleccionado por ser un proxecto confeccionado por un equipo multidisciplinar e coa participación dos propios veciños/as no que, ademais do mercado, se transformou a contorna, conseguindo que as persoas dispuxeran dun lugar de encontro e convivencia, o que modificou radicalmente a vida da vila. 

Promoción dos recursos e activos turísticos

Ademais de participar na demostración culinaria do Mercado de Tomiño, os operadores e axentes coñeceron da man da Eurocidade Cerveira-Tomiño as posibilidades de navegación do río Minho entre os espazos do futuro Parque da Amizade, constituído polo actual Parque do Castelinho (Cerveira) e Espazo Fortaleza de Goián (Tomiño). Os propios axentes e operadores experimentaron a sensación da navegación polo río e puideron coñecer tanto os barcos de paseo que operan habitualmente desde o embarcadoiro de recreo de Cerveira como os barcos do Club Sen Amarras, que permiten a navegación inclusiva desde o pantalán adaptado da praia de Goián.

Todas as actividades desenvolvidas enmárcanse no proxecto POCTEP, Axenda Estratéxica de Amizade Cerveira-Tomiño, cofinanciado ao 75% pola convocatoria INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da UE, dentro da liña para a “dinamización da economía local transfronteiriza” e, concretamente, para a “promoción da competitividade no sector do turismo” co obxectivo de “promover os recursos e tradicións do territorio”.

O pasado mes de xaneiro a Eurocidade Cerveira-Tomiño xa organizou unhas xornadas centradas no papel estratéxico dun territorio común como factor de atracción turística e que serviron de punto de reflexión sobre a fronteira, a natureza, a cultura e a paisaxe como atractivos turísticos, así como para analizar a oferta e demanda no territorio do río Miño transfronteirizo e achegar a visión dos operadores turísticos. A xornada rematou ademais con diferentes experiencias turísticas no territorio, como visitas a adegas, viveiros e outros recursos do patrimonio natural e cultural, como o Castelo de Cerveira.

Toñi Vicente cociña no Mercado Municipal de Tomiño
Toñi Vicente cociña no Mercado Municipal de Tomiño
Toñi Vicente cociña no Mercado Municipal de Tomiño
Toñi Vicente cociña no Mercado Municipal de Tomiño

Toñi Vicente cociña no Mercado Municipal de Tomiño
Toñi Vicente cociña no Mercado Municipal de Tomiño
Toñi Vicente cociña no Mercado Municipal de Tomiño
Toñi Vicente cociña no Mercado Municipal de Tomiño

Novas relacionadas

28 Decembro, 2022

A Eurocidade Cerveira-Tomiño ten novas Valedoras Transfronteirizas


Ler máis
19 Decembro, 2022

Cerca de 900 mozos e mozas elixen a organización de xogos e actividades musicais transfronteirizas para o 2023


Ler máis
A Eurocidade Cerveira-Tomiño lanza unha enquisa para coñecer a opinión da veciñanza sobre problemáticas transfronteirizas
16 Decembro, 2022

A Eurocidade Cerveira-Tomiño lanza unha enquisa para coñecer a opinión da veciñanza sobre problemáticas transfronteirizas


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego