Actividades

Actividades

 

A irmandade entre Cerveira e Tomiño vai máis alá de compartir un mesmo territorio e servizos: compártese modo de vida. Crecer mirando ao Miño forxa un carácter único e fai que cerveirenses e tomiñenses compartan ideas e inquedanzas. Por ese motivo, a Eurocidade inclúe tamén a posta en marcha de distintas actividades nas que invitar a participar á cidadanía de ambos os dous concellos, iniciativas que van dende eventos deportivos ata culturais ou de lecer.



XII Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández 2024

Tomiño e Cerveira acollerá a duodécima edición do Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández, que este ano seguirá contando con categorías de participación por idade, achegando así o certame ás e aos artistas infantís e xuvenís.

Nas seguintes ligazóns podes consultar os espazos de traballo habilitados para o concurso:




XI Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández 2023

Tomiño e Cerveira acollerá a undécima edición do Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández, que este ano seguirá contando con categorías de participación por idade, achegando así o certame ás e aos artistas infantís e xuvenís.

Nas seguintes ligazóns podes consultar os espazos de traballo habilitados para o concurso:




X Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández 2022

Tomiño e Cerveira acollerá a décima edición do Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández, que este ano contará con categorías de participación por idade, achegando así o certame ás e aos artistas infantís e xuvenís.

Nas seguintes ligazóns podes consultar os espazos de traballo habilitados para o concurso:


 


X Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández 2022

Tomiño e Cerveira acollerá a décima edición do Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández, que este ano contará con categorías de participación por idade, achegando así o certame ás e aos artistas infantís e xuvenís.

Nas seguintes ligazóns podes consultar os espazos de traballo habilitados para o concurso:


 


II XORNADAS AMIZADE CERVEIRA-TOMIÑO EN DIRECTO

23 de outubro - 11:00 h




IX Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández 2021

Tomiño e Cerveira acollerá a novena edición do Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández, que este ano contará con categorías de participación por idade, achegando así o certame ás e aos artistas infantís e xuvenís.


 


VIII Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández 2020

Tomiño e Cerveira acolleron a oitava edición do Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández, que este ano contou como novidade con novas categorías de participación por idade, achegando así o certame ás e aos artistas infantís e xuvenís.


 


Roteiros Miño

As Rotas Minho/Roteiros Miño é un dos proxectos gañadores do Orzamento Participativo Transfronteirizo 2020, unha iniciativa elaborada de forma conxunta entre a asociación sen fins lucrativos Clube Celtas do Minho e Carlos Xabier Oliveira Ortega para unir dous territorios e dous países ao mesmo tempo a través dun programa de andainas.

O obxectivo principal é dar a coñecer camiñando os dous territorios tanto a nivel paixasístico como cultural, patrimonial, ambiental ou natural. Ademais, o proxecto tamén busca fomentar os hábitos saudables de camiñar, mellorar a condición física da poboación, diminuír o estrés e a ansiedade asociado á vida activa e, por último, promover accións de sensibilización ambiental e patrimonio, entre outras.

AVISO IMPORTANTE! Por mor da crise sanitaria provocada pola COVID-19, o proxecto retomarase no ano 2021.



Deporte e Amizade

Ao abeiro do programa 'Deporte para todas as persoas', a Eurocidade Cerveira-Tomiño organizou a xornada 'Deporte e Amizade', unha xornada deportiva con actividades físicas e xogos tradicionais, andaina curta e aula de pilates para continuar unindo á veciñanza de ambas marxes do río a través do deporte. A xornada celebrouse no Parque do Castelinho de Vila Nova de Cerveira.



Aventura
na Terra d'Amizade

'Aventura na Terra d'Amizade' é un festival infantil co que a Eurocidade Cerveira-Tomiño propón máis de 12 horas de aventura familiar, potenciando a convivencia transfronteiriza nun ambiente natural e ecolóxico. Todas as actividades do festival son de entrada libre e gratuíta.

O Parque de Lazer do Castelinho de Vila Nova de Cerveira e a Praza do Seixo de Tomiño foron os escenarios da primeira edición desta aventura, na que houbo inchables para todas as idades, camas elásticas, ludoteca para bebés, pinturas faciais, xogos tradicionais, zumba para nenos e nenas, maxia, baby shark, baile cos heroes, o espectáculo de teatro 'O Mago de Oz' ou o dobre espectáculo de Uxía Lambona e a Banda Molona, que actuou en Cerveira e en Tomiño, poñendo o punto e final a un día de xogos, teatro e música para os máis pequenos e pequenas.



VII Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández 2019