logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
A Eurocidade colabora no proxecto "As fronteiras do século XXI" da Universidade de Vigo
A Eurocidade colabora no proxecto “As fronteiras do século XXI” da Universidade de Vigo
18 Xullo, 2022
A Eurocidade Cerveira-Tomiño convértese en vila olímpica
A Eurocidade Cerveira-Tomiño convértese en vila olímpica
7 Setembro, 2022

O ourensán Antonio Lorenzo Guisado gaña o primeiro premio do X Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández

23 Agosto, 2022

O xurado outorgou o segundo premio a Raúl Gil Burés, de Taragoña (A Coruña), e o terceiro a Sergio González Ribeiro, de Pontevedra

 

Éxito de participación na décima edición do certame, con 50 artistas procedentes de toda Galicia, de Asturias e incluso de París

Éxito de participación no décimo aniversario do Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández celebrado o domingo 21 de agosto de forma simultánea nas vilas fronteirizas de Tomiño e Vila Nova de Cerveira. Un total de 50 persoas participaron neste certame no que as e os artistas tiñan como reto retratar in situ calquera punto do percorrido nas inmediacións do río Miño tanto na beira galega coma na portuguesa.

 

Gañadores

A vista dos viveiros de Goián de Antonio Lorenzo Guisado, de Ourense, foi a gañadora do primeiro premio do certame, dotado con 1.500 euros e patrocinado polo Concello de Tomiño. Pola súa banda, o segundo posto foi para Raúl Gil Burés, de Taragoña (A Coruña), e o terceiro para o pontevedrés Sergio González Ribeiro, ambos premios dotados con 500 euros e patrocinados pola Comunidade de Montes de Goián e pola Fundação Bienal de Arte de Cerveira.

Na categoría xuvenil, de 12 a 17 anos, Uxía Soto Costas fíxose co primeiro premio e Diana Bergés Sexto co segundo posto. E na categoría infantil (ata 11 anos), o podio estivo formado por Nicolás Carvajal Seidel, Hannah Carvajal Seidel e Ian Pousa Correo, que foron primeiro, segundo e terceiro, respectivamente.

Os premios nas categorías inferiores constaban dun diploma conmemorativo do certame, bonos para investir na Bienal de Cerveira e material de debuxo e pintura para seguir afianzando a súa paixón pola arte.

O xurado, integrado por artistas galegos e portugueses, quixo destacar a gran calidade das obras creadas por todas as persoas participantes e a vitalidade coa que o certame encheu Goián e Cerveira durante toda a xornada, dinamizando as súas rúas, afianzándoo como un atractivo turístico e servindo de escenario perfecto para a festa da arte no que se converte o certame.

 

Exposición das obras participantes

As obras participantes no Certame de pintura poderán ser visitadas polo público no Centro Goianés (Avda. Ordóñez 54, Goián, Tomiño). As creacións estarán a disposición de todas as persoas interesadas no primeiro andar do Centro Goianés ata o vindeiro 04 de setembro. Deste xeito, o público poderá desfrutar da arte de pintores consolidados cunha longa experiencia nesta modalidade de pintura rápida e tamén de novas figuras que están a destacar a nivel peninsular.

O Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández forma parte das actividades desenvolvidas pola Eurocidade Cerveira Tomiño.

 








 

 

 

 

 

 

 

 

Novas relacionadas

28 Decembro, 2022

A Eurocidade Cerveira-Tomiño ten novas Valedoras Transfronteirizas


Ler máis
19 Decembro, 2022

Cerca de 900 mozos e mozas elixen a organización de xogos e actividades musicais transfronteirizas para o 2023


Ler máis
A Eurocidade Cerveira-Tomiño lanza unha enquisa para coñecer a opinión da veciñanza sobre problemáticas transfronteirizas
16 Decembro, 2022

A Eurocidade Cerveira-Tomiño lanza unha enquisa para coñecer a opinión da veciñanza sobre problemáticas transfronteirizas


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego