VALEDORAS
DA CIDADANÍA
TRANSFRONTEIRIZA

VALEDORAS
DA CIDADANÍA
TRANSFRONTEIRIZA

 

"Cerveira e Tomiño traballan dende hai anos man a man para conseguir levar adiante iniciativas coas que fomentar a cooperación en todos os ámbitos da gobernanza, dende o uso de instalacións e servizos ata a posta en marcha de proxectos conxuntos cos que a cidadanía de ambos os dous municipios gañen en calidade de vida.

"A prol da consolidación do intercambio existente entre ambos concellos, promovéronse distintas iniciativas que canalizan esa cooperación: a posta en marcha de servizos compartidos, a creación da figura das valedoras transfronteirizas e o desenvolvemento do Orzamento Participativo Transfronteirizo.

 

Garantir a defensa, protección e busca dos dereitos e intereses particulares de todas as persoas residentes en Tomiño e Cerveira como cidadáns europeos transfronteirizos diante dos órganos e servizos municipais de ambos os dous concellos. Ese é o obxectivo co que nace a valedora da cidadanía transfronteiriza, unha figura pioneira de cooperación entre Galicia e Portugal que se puxo en funcionamento en xullo de 2017 e que exerce a súa actividade con autonomía e imparcialidade fronte aos órganos municipais e sen ningún tipo de remuneración económica. Consulta aquí a carta constitutiva íntegra.

As súas labores son as de recibir queixas, reclamacións e suxestións con respecto ás relacións transfronteirizas entre ambos os dous municipios e emitir ditames, recomendacións e suxestións no marco das súas competencias.

 

 

As titulares do servizo son:

Ana Fernández Ordóñez, por parte de Tomiño

Nada en Torrón-Sobrada, Tomiño, 1970. Licenciada en Xeografía e Historia, especialidade de Historia da Arte moderna e contemporánea, pola Universidade de Santiago de Compostela. Impartíu clases no IES Antón Alonso Ríos de Tomiño e foi Secretaria do Centro Goianés. Actualmente é Profesora de Ensino Secundario no CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal.

Manuela Ferreira, por parte de Vila Nova de Cerveira

Nada en Cerveira, 1953. Traballou durante mais de 35 anos na Cooperativa Agrícola de Vila Nova de Cerveira, ademáis de exercer diferentes responsabilidades a prol do desenvolvimento da comunidade local tanto na asemblea municipal como en diferentes entidades sociais.

Para contacto ou solicitude de cita previa:

Teléfono: +34 986 18 48 76 ou 00351 251 708 020, de luns a venres de 09.00 a 14.00 h (hora galega)