Servizos
Compartidos

Servizos
Compartidos

Compartir os equipamentos e servizos de uso colectivo actuais e próximos buscando a complementariedade e ofrecendo un amplo abano de posibilidades á cidadanía de Cerveira e Tomiño. Ese é un dos obxectivos da cooperación transfronteiriza entre ambos os dous municipios, co que se trata de dar á poboación unha oferta máis eficiente ao tempo que se constitúe como un mecanismo de promoción da cohesión social. Nestes momentos os principais servizos compartidos son o programa 'Deporte para todas as persoas', con actividades deportivas en ambos os dous concellos; a piscina municipal, situada en Vila Nova de Cerveira; e a Escola Municipal de Música, ubicada en Goián (Tomiño).

Piscina

Construída nos anos 90, a piscina municipal de Vila Nova de Cerveira afrontou unha profunda reforma en 2015 creando un complexo deportivo cun moderno deseño que da cabida a dúas piscinas, unha para adultos e outra para nenos. Unha importante reforma de estrutura, equipamentos e servizos coa que se mellorou notablemente a eficiencia enerxética, garantiuse a accesibilidade para todos e reforzouse o carácter transfronteirizo destas novas instalacións.

Conta con Escola de Natación e tanques de aprendizaxe para os niveis de natación libre, bebés, adaptación ao medio e hidroximnástica. O 60% dos preto de 2.000 usuarios desta piscina son galegos, boa parte deles de Tomiño.

A posta en marcha deste servizo compartido non soamente serve para facer desaparecer a fronteira senón tamén para completar a oferta de equipamentos e servizos de ambos concellos sen duplicalos, racionalizando gastos e necesidades públicas.

Horario de apertura:

De luns a venres de 08.30 a 14.00 e de 15.30 a 22.00 h (hora galega)

Sábados de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas (hora galega)

Inscricións:

Teléfonos: +351 251 708 025 / +351 251 708 020

Dirección: Avenida de Tomiño 4920-266, Vila Nova de Cerveira (Portugal)

A Escola Municipal de Música de Tomiño ten as súas instalacións no recentemente remodelado auditorio de Goián, adaptado para poder prestar este servizo a todos os tomiñeses e tomiñesas pero tamén a toda a cidadanía de Cerveira.

O aumento das aulas e a reestruturación dos espazos para a Escola de Música complétase cunha biblioteca-fonoteca, cunha aula de ensaio de uso múltiple e cun local de ensaio para a agrupación musical.

A Escola de Música conta coa seguinte oferta educativa:

- Xardín musical (a partir de 3 anos)
- Música e movemento
- Linguaxe musical
- Solfexo para adultos
- Violoncello
- Percusión
- Vento madeira: oboe, frauta, clarinete, saxofón e fagot
- Vento metal: trompeta, trompa, trombón, bombardino e tuba

Máis información no propio auditorio, a través do enderezo electrónico bandagoian@yahoo.es ou chamando ao teléfono 626 799 623.

Escola Municipal de Música

Deporte para todas as persoas

Tomiño e Cerveira promoven un programa de actividades deportivas gratuítas, unha oferta que se leva a cabo en instalacións municipais de ambos os dous concellos ao longo de todo o ano e na que se inclúen ata tres variedades a escoller:

- Piscina en familia. Natación e iniciación ao  medio acuático para nenas e nenos de 3 a 12 anos acompañados de familiares. Realízase na piscina de Vila Nova de Cerveira o primeiro sábado de cada mes ás 19.00 h (hora galega).

- Actividades para maiores de 55 anos. Clases de pilates, ximnasia, zumba, fitness e actividades afíns que teñen lugar os martes ás 10.00 h (hora galega) en Vila Nova de Cerveira e os xoves ás 10.00 h (hora galega) en Tomiño.

- Práctica de diversas modalidades deportivas nas parroquias de Tomiño e nas Instituições Particulares de Solidariedade Social (IPSS) de Vila Nova de Cerveira. Os martes e xoves pola mañá.

Todas as persoas interesadas en participar poden realizar a súa preinscrición entregando os formularios dispoñibles en papel en Tomiño nas dependencias de Servizos Sociais ou na oficina POCTEP no primeiro andar do Concello e en Vila Nova de Cerveira na piscina e nas Xuntas de Freguesías. Tamén pode facerse vía online premendo no seguinte botón:

Inscrición

Os municipios de Tomiño e Vila Nova de Cerveira dispoñen dun sistema de estacionamento gratuíto común, co que tratan de potenciar a mobilidade da cidadanía. O obxectivo é conseguir unha maior rotatividade na zona histórica do concello portugués e no casco urbán da vila galega, facilitando o estacionamento puntual dos condutores e promovendo o tecido comercial existente.

Os discos contan cos logos identificativos dos dous concellos limítrofes, palabras comúns ás dúas linguas e coa mesma franxa horaria: entre unha hora e hora e media de estacionamento gratuíto como máximo.

Con este servizo compartido preténdese estreitar os lazos de cooperación existentes entre Cerveira e Tomiño e contribuír ao crecemento do comercio local, fomentando unha maior mobilidade de vehículos e persoas nas rúas céntricas.

Disco azul

Piscina

Construída nos anos 90, a piscina municipal de Vila Nova de Cerveira afrontou unha profunda reforma en 2015 creando un complexo deportivo cun moderno deseño que da cabida a dúas piscinas, unha para adultos e outra para nenos. Unha importante reforma de estrutura, equipamentos e servizos coa que se mellorou notablemente a eficiencia enerxética, garantiuse a accesibilidade para todos e reforzouse o carácter transfronteirizo destas novas instalacións.

Conta con Escola de Natación e tanques de aprendizaxe para os niveis de natación libre, bebés, adaptación ao medio e hidroximnástica. O 60% dos preto de 2.000 usuarios desta piscina son galegos, boa parte deles de Tomiño.

A posta en marcha deste servizo compartido non soamente serve para facer desaparecer a fronteira senón tamén para completar a oferta de equipamentos e servizos de ambos concellos sen duplicalos, racionalizando gastos e necesidades públicas.

Horario de apertura:

De luns a venres de 09.00 a 14.00 e de 15.30 a 22.00 h (hora galega)

Sábados de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas (hora galega)