logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
✕
Direção-Geral das Autarquias Locais atribui Prémio Autárquico a Cerveira-Tomiño
Direção-Geral das Autarquias Locais atribui Prémio Autárquico a Cerveira-Tomiño
27 Xullo, 2021
A Eurocidade Cerveira-Tomiño organiza unha serie roteiros transfronteirizos para dar a coñecer o patrimonio cultural, natural e paisaxístico
6 Agosto, 2021

A novena edición do Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández, reunirá a artistas dun e doutro lado da fronteira

28 Xullo, 2021
A novena edición do Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández, reunirá a artistas dun e outro lado da fronteira

Organizado pola Eurocidade, o certame terá lugar o domingo 22 de agosto en Goián (Tomiño) e Vila Nova de Cerveira

 

 

A novena edición Certame De Pintura Ao Aire Libre Antonio Fernández Eurocidade Cerveira-Tomiño, reunirá unha vez máis a varias decenas de artistas plásticos de Galicia e Portugal.

Organizado pola Eurocidade, o certame terá lugar o 22 de agosto en Goián (Tomiño) e Vila Nova de Cerveira, segundo acordo adoptado pola xunta de goberno do día 26 de xullo de 2021.

Poderán participar todas as persoas maiores de idade e nenos e nenas acompañados por adultos, que serán os seus responsables en todo momento.

O tema será calquera paisaxe do percorrido establecido no plano que cada participante deberá descargar da páxina web da Eurocidade O procedemento e a técnica serán libres.

A obra deberá realizarse ao aire libre, do natural (non se permite a utilización de fotografías) e in situ. O incumprimento por parte dos participantes desta norma suporá a descualificación automática do concurso.

A inscrición será gratuíta e farase dende o día de publicación das bases ata o 20 de agosto (incluído) a través da páxina web da Eurocidade por rigorosa orde de inscrición. Debido as actuais circunstancias derivadas da COVID-19 a inscrición este ano só poderá facerse de maneira online. Non se permitirán as inscricións presenciais o día do certame.

As persoas inscritas deberán presentarse o día do certame entre as 9:30 e 11:30 horas (8:30 e 10:30h de Portugal) na Aula Museo Antonio Fernández na praza Pintor Antonio Fernández de Goián (Tomiño), co obxecto de que a organización sele e numere o soporte. Os participantes deberán manter en todo momento a distancia de seguridade e cumprir coas normas sanitarias establecidas para a prevención da COVID19.

Poden consultarse as bases completas na páxina web do Concello de Tomiño.

Novas relacionadas

A Eurocidade colabora no proxecto "As fronteiras do século XXI" da Universidade de Vigo
18 Xullo, 2022

A Eurocidade colabora no proxecto “As fronteiras do século XXI” da Universidade de Vigo


Ler máis
Representantes da Eurocidade presentaron en Bulgaria e Serbia iniciativas en defensa do medio ambiente
13 Xullo, 2022

Representantes da Eurocidade presentaron en Bulgaria e Serbia iniciativas en defensa do medio ambiente


Ler máis
Xa podes usar as bicicletas eléctricas do E-Bike Rio Minho en Cerveira e Tomiño
11 Xullo, 2022

Xa podes usar as bicicletas eléctricas do E-Bike Rio Minho en Cerveira e Tomiño


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • No translations available for this page