![](https://eurocidadecerveiratomino.eu/wp-content/uploads/2019/02/Mobilidade-Infantojuvenil-Transfronteirica01.jpg)
Eurocidade Cerveira-Tomiño pretende regime de exceção para mobilidade entre população escolar
7 Fevereiro, 2019![Nais e pais de Cerveira e Tomiño planifican xuntos actividades lúdico-educativas para os meses de xullo e outubro](https://eurocidadecerveiratomino.eu/wp-content/uploads/2019/02/reunion_anpas_opt19.jpg)
Nais e pais de Cerveira e Tomiño planifican xuntos actividades lúdico-educativas para os meses de xullo e outubro
27 Fevereiro, 2019Douscentos participantes nas actividades deportivas transfronteirizas
![Piscina municipal transfronteiriza](https://eurocidadecerveiratomino.eu/wp-content/uploads/2018/09/piscinaw-1200x675.jpg)
As opcións do programa “Deporte para todas as persoas” son piscina en familia, actividades para maiores de 55 anos e práctica de diversas modalidades en parroquias de Tomiño e IPSS de Cerveira
Duascentas persoas participan no programa transfronteirizo “Deporte para todas as persoas”, promovido pola Eurocidade Cerveira-Tomiño, con actividades deportivas gratuítas que se levan a cabo en espazos dos dous concellos, até final de ano.
As opcións incluídas neste programa son piscina en familia, actividades para maiores de 55 anos e práctica de diversas modalidades deportivas en parroquias de Tomiño e IPSS de Cerveira. Dentro de esta última opción, estas semanas puxéronse en marcha novos grupos nas parroquias tomiñesas de Tebra e Sobrada.
As actividades deportivas estarán en marcha ata o mes de novembro, con parada estival en agosto. Prévese que o programa acolla tamén unha andaina e un evento polideportivo.
Máis información sobre horarios e inscrición en premendo aquí.