logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Projeto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Agenda Estratégica
    • Parque da Amizade
    • Documentação
    • About us
  • Participação
    • OPT
    • Provedoras
  • Serviços
    • Serviços partilhados
    • Atividades
    • Agendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economia
  • Notícias
  • Contacto
Português
  • Galego
✕
The first event of Bridge Project
28 Outubro, 2021
Fronteiras Portugal/Espanha: A luz ao fundo do túnel
Novas medidas COVID-19 geram confusão a residentes nas regiões transfronteiriças
1 Dezembro, 2021

O AECT Rio Minho incorpora como director ao novo alcalde de Cerveira, Rui Teixeira

9 Novembro, 2021
O AECT Rio Minho incorpora como director ao novo alcalde de Cerveira, Rui Teixeira

A parte galega da organización transfronteiriza, que agora ostenta a vicepresidencia co deputado Uxío Benítez, volverá facerse cargo da dirección a mediados de 2022

O Consello Coordinador do Agrupamento Europeo de Cooperación Transfronteiriza AECT Rio Minho vén de nomear ao recentemente renovado alcalde de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, como novo director nun acto oficial celebrado en Valença. A parte galega da organización transfronteiriza, que ostenta a vicepresidencia co deputado Uxío Benítez, volverá facerse cargo da dirección rotatoria a mediados de 2022.

A designación de Teixeira como novo director xorde tras as eleccións municipais do pasado 26 de setembro en Portugal, cando foi desbancado Fernando Nogueira, logo de que os alcaldes dos dez concellos que integran o CIM Alto Minho,  consensuaron a designación do alcalde cerveirense como Director da AECT Rio Minho e do presidente do Concello de Valença, José Manuel Carpinteira, como membro do Consello de Coordinación.

Os representantes da Deputación de Pontevedra permanecen en vigor desde setembro de 2019, concretamente o deputado da Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez como subdirector e o alcalde de Tui Enrique Cabaleiro como vogal do Consello de Coordinación. Non será ata mediados de 2022 cando se realice a rotación para outorgar a dirección á parte galega, data adiada de maneira acordada por motivo da pandemia.

Na súa primeira intervención como director da AECT Rio Minho, Rui Teixeira amosou o seu “orgullo por asumir este cargo”. Destacando a afirmación autonómica, nacional e europea das eurocidades Cerveira-Tomiño, Valença-Tui e Monção-Salvaterra, Rui Teixeira tamén abordou a importancia de “consolidar a acción da AECT Río Minho a toda a rexión estratéxica do Alto Minho e Galicia, potenciando a súa posición e dar exemplo a Portugal e España, a prol da valorización do río Miño e da rexión”.

A AECT Río Minho, con sede en Valença, creouse en 2018 e abarca un total de 26 concellos: 10 da Comunidade Intermunicipal (CIM) do Alto Minho e 16 concellos galegos da provincia de Pontevedra con conexión co río Miño.

Os dous principais socios da AECT son CIM Alto Minho e Deputación de Pontevedra, que unen 10 concellos do Alto Minho, e 16 concellos da Deputación de Pontevedra, que abarcan máis de tres mil quilómetros cadrados de territorio e 375.995 habitantes.

A creación da AECT Río Minho foi impulsada polas accións da Estratexia de Cooperación Intelixente Transfronteiriza no ámbito do proxecto Smart Minho, cofinanciado polo programa INTERREG VA POCTEP.

Fonte: Deputación de Pontevedra.

Related posts

28 Dezembro, 2022

A Eurocidade Cerveira-Tomiño tem novas Provedoras Transfronteiriças


Read more
19 Dezembro, 2022

Cerca de 900 jovens elegem a organização de jogos e actividades musicais transfronteiriças para o 2023


Read more
A Eurocidade Cerveira-Tomiño lanza unha enquisa para coñecer a opinión da veciñanza sobre problemáticas transfronteirizas
16 Dezembro, 2022

A Eurocidade Cerveira-Tomiño lança um inquérito para conhecer a opinião da vizinhança sobre questões transfronteiriças.


Read more


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Português
  • Português
  • Galego