logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Projeto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Agenda Estratégica
    • Parque da Amizade
    • Documentação
    • About us
  • Participação
    • OPT
    • Provedoras
  • Serviços
    • Serviços partilhados
    • Atividades
    • Agendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economia
  • Notícias
  • Contacto
Português
  • Galego
✕
Tomiño e Cerveira estão a promover uma nova edição do Simpósio Internacional de Escultura do Miño
5 Janeiro, 2021
Desacordo com a medida governamental de encerramento de três pontes sobre o rio Minho
Desacordo com a medida governamental de encerramento de três pontes sobre o rio Minho
1 Fevereiro, 2021

O AECT Río Miño advirte de que o peche de fronteiras de Portugal non debe repetir o erro de dificultar a circulación de persoas traballadoras na Raia

29 Janeiro, 2021

O Agrupamento Europeo de Cooperación Transfronteiriza AECT Río Miño advertiu logo de que Portugal anunciase o seu peche de fronteiras con España que non debe repetir o erro de limitar e dificultar o paso pola raia das persoas traballadoras como aconteceu tralo confinamento de marzo. Así o manifestou o vicedirector da entidade e deputado de Cooperación Transfronteiriza da Deputación, Uxío Benítez, quen instou a manter abertos todos os pasos nas estradas, principalmente os das Eurocidades, coas medidas de control que sexan necesarias para facilitar a circulación das persoas que viven ou traballan a ambas marxes do río.

Benítez recoñeceu que a decisión adoptada polo goberno do peche de fronteiras de Portugal pon en alerta aos concellos do territorio transfronteirizo, que dende o 17 de marzo e ata o mes de xuño viron limitado o tránsito a un único paso, Tui-Valença, creando importantes problemáticas para as persoas traballadoras transfronteirizas. Indicou, de feito, que este novo paso supón un chanzo máis na improvisación das medidas adoptadas contra a COVID-19 mais subliñou que “agardamos que aprenderan algo da situación creada na fronteira a outra vez”, lembrando que alcaldes e alcaldesas chegaran a manifestarse en varias ocasións.

O deputado lembrou unha vez máis que a fronteira de Pontevedra e Portugal é a máis dinámica social e economicamente de toda a península, xa que con 70 quilómetros dos 1.200 de toda a ‘raia’ entre España e Portugal, un 5%, asume o pasodo 50% dos vehículos.

Pola súa banda, o director do AECT, Fernando Nogueira, asegurou que esta situación non é máis que “unha redundancia, xa que neste momento as relacións transfronteirizas nesta rexión están suspendidas con Galicia totalmente autoconfinada e sen que poida haber circulación entre ambas beiras ou con rexións españolas ata o 17 de febreiro agás excepcións consideradas esenciais e debidamente xustificadas”. “Agardamos que non se repita o mesmo erro de peche que en marzo”, salientou Nogueira.

Related posts

28 Dezembro, 2022

A Eurocidade Cerveira-Tomiño tem novas Provedoras Transfronteiriças


Read more
19 Dezembro, 2022

Cerca de 900 jovens elegem a organização de jogos e actividades musicais transfronteiriças para o 2023


Read more
A Eurocidade Cerveira-Tomiño lanza unha enquisa para coñecer a opinión da veciñanza sobre problemáticas transfronteirizas
16 Dezembro, 2022

A Eurocidade Cerveira-Tomiño lança um inquérito para conhecer a opinião da vizinhança sobre questões transfronteiriças.


Read more


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Português
  • Português
  • Galego