
Cinco mulleres acaparan os premios do 8º Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández
19 Agosto, 2020
Eurocidade Cerveira-Tomiño integra publicação internacional sobre a contribuição dos orçamentos participativos para a redução dos efeitos das alterações climáticas
9 Setembro, 2020O xurado preselecciona tres propostas para a creación da mascota do Festival Infantil ‘Aventura Na Terra da Amizade’

O xurado responsable da preselección de propostas para a creación de mascota do Festival Infantil ‘Aventura Na Terra da Amizade’, composto por Aurora Viães, concelleira de Cooperación transfronteiriza e Geminações da Câmara de Vila Nova de Cerveira; Fátima Rodriguez, concelleira de Eurocidade, Mocidade e Participación infantil do Concello de Tomiño; Nuno Jorge Costa Correia, Xefe da División Sociocultural e Deportiva do Concello de Vila Nova de Cerveira; e Elisabet Pérez de Santiago, técnica de Cultura do Concello de Tomiño acordou, na súa reunión de 24 de Agosto de 2020, seleccionar as propostas presentadas coas identificacións: certom72; ribabq68 e ECLGNS83.
As tres candidaturas propostas como mascota serán votadas polo alumnado dos dous concellos e a proposta gañadora farase pública o vindeiro 30 de outubro de 2020.