"Há muitos anos que Cerveira e Tomiño trabalham de mãos dadas para conseguir levar avante iniciativas de fomento para a cooperação em todos os âmbitos de governança, desde a utilização de instalações e serviços até à implementação de projetos conjuntos para que os cidadãos dos dois municípios ganhem qualidade de vida.
"A prol da consolidação do intercâmbio existente entre ambos concelhos, promoveram-se distintas iniciativas que canalizam essa cooperação: a implementação de serviços partilhados, a criação da figura do provedor transfronteiriço e o desenvolvimento do Orçamento Participativo Transfronteiriço.
ORZAMENTO
PARTICIPATIVO
TRANSFRONTEIRIZO
Os concellos de Tomiño e Cerveira poñen en marcha cada ano unha nova edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT), un proxecto pioneiro na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que ten como obxectivo involucrar á cidadanía dos dous municipios veciños na formulación de solucións para necesidades comúns.
A través desta iniciativa innovadora e de éxito, veciñanza, asociacións, entidades... de ambos os dous municipios poden presentar propostas conxuntas de cooperación. Estes proxectos sométense a votación popular a través da web do OPT e aqueles que obteñan máis aceptación entre a cidadanía contarán co financiamento para levalos a cabo. Consulta aquí o regulamento completo do OPT.
O OPT é unha das prioridades da Axenda Estratéxica de Amizade Cerveira-Tomiño, coa que se pretende potenciar a participación pública e o poder de decisión da cidadanía de ambas beiras do Miño. É un proxecto cofinanciado ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP de cooperación transfronteiriza a través de fondos FEDER da Unión Europea.
VALEDORA
DA CIDADANÍA
TRANSFRONTEIRIZA
Garantir a defensa, protección e busca dos dereitos e intereses particulares de todas as persoas residentes en Tomiño e Cerveira como cidadáns europeos transfronteirizos diante dos órganos e servizos municipais de ambos os dous concellos. Ese é o obxectivo co que nace a valedora da cidadanía transfronteiriza, unha figura pioneira de cooperación entre Galicia e Portugal que se puxo en funcionamento en xullo de 2017 e que exerce a súa actividade con autonomía e imparcialidade fronte aos órganos municipais e sen ningún tipo de remuneración económica. Consulta aquí a carta constitutiva íntegra.
As súas labores son as de recibir queixas, reclamacións e suxestións con respecto ás relacións transfronteirizas entre ambos os dous municipios e emitir ditames, recomendacións e suxestións no marco das súas competencias.
Nada en Tomiño en 1968, Zara Pousa é licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Iniciou a súa carreira profesional no Banco Santander no ano 1992, traballo que deixou para incorporarse a postos vinculados á administración pública en programas e proxectos financiados pola Unión Europea.
No ano 1994 comeza a traballar como formadora para a mellora da competitividade das PeMES nun programa promovido pola FEMP. En 1995 acada unha bolsa e incorpórase á Oficina de Axuda Humanitaria da Comisión Europea (ECHO) en Bruselas e en 1996 inicia unha fase de formación especializada e traballos relacionados co emprego e o desenvolvemento local. De 1996 a 1998 foi a directora do Centro de Desenvolvemento Local de Mos.
Entre 1998 e 2010 ocupou diversos cargos dentro da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, entre eles técnica de promoción económica e emprego, directora da Unidade de Promoción e Desenvolvemento e Axente de Emprego e Desenvolvemento Local.
Desde o ano 2010 é profesional autónoma realizando asesoramentos e traballos relacionados coa promoción económica, o emprego e a xestión administrativa. Ademais, dende o ano 2008 é a Secretaria da Fundación Xavier Pousa, traballo voluntario dedicado a dinamizar e poñer en valor o legado do pintor e a xestionar administrativamente a entidade.
María de Lurdes Guerreiro Pereira Cunha naceu en Gondarem en 1958. Licenciada en Matemáticas pola Facultade de Ciencias de Lisboa e en Administración Pública pola Universidade do Minho, iniciou a súa actividade profesional en 1980 como profesora de matemáticas na Escola Secundária de Vila Nova de Cerveira.
Tras varios anos dedicada á ensinanza e desempeñando varios cargos educativos, no curso 1984/85 é Secretaria do Consello directivo e presidenta no bienio 1985/87. Coa fusión das escolas de básica e secundaria preside a Comisión Instaladora (1987/89) e o Consello Directivo (1991/95).
Continúa o seu traballo como docente ao tempo que desemprega cargos de xestión intermedia. Entre 2010 e 2013 exerce como representante do Ministerio de Educación na Comisión de Protección de Infancia e Mocidade de Vila Nova de Cerveira.
Pousa e Cunha atenderán os primeiros mércores de mes na cámara municipal de Vila Nova de Cerveira de 15.00 a 17.00 h (hora portuguesa) e os terceiros mércores de mes no Concello de Tomiño de 16.00 a 18.00 h (hora galega). É preciso solicitar cita previa nos seguintes contactos:
Teléfono: +34 986 18 45 98, de luns a venres de 09.00 a 14.00 h (hora galega)
Enderezo electrónico: provedora_valedora@eurocidadecerveiratomino.eu