logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Projeto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Agenda Estratégica
    • Parque da Amizade
    • Documentação
    • About us
  • Participação
    • OPT
    • Provedoras
  • Serviços
    • Serviços partilhados
    • Atividades
    • Agendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economia
  • Notícias
  • Contacto
Português
  • Galego
✕
III Simpósio Internacional de Escultura do Minho de 11 a 30 de junho
4 Junho, 2018
Comitiva sul-americana contactou com experiência de cooperação transfronteiriça Cerveira – Tomiño
7 Junho, 2018

Participantes nun seminario organizado pola Agrupación Europea Galicia – Norte de Portugal, visitarán Tomiño e Cerveira para coñecer a experiencia de cooperación transfronteiriza

6 Junho, 2018

Este xoves, 7 de xuño, ás 16.00h, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, recibirá no Concello, aos participantes do Seminario CPS ESPON (Cross Border Public Services.1), organizado en Vigo pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal. A delegación está integrada por 30 representantes de sur América e de diferentes concellos, universidades e entidades galegas e portuguesas, interesados en coñecer a experiencia de cooperación transfronteiriza entre Tomiño e Cerveira.

Logo da recepción no Concello, a alcaldesa, entrevistarase coas Valedoras da cidadanía transfronteiriza (), e seguidamente, a delegación desprazarase ata Vila Nova de Cerveira, para visitar a piscina municipal e a exposición de proxectos sobre a futura ponte peonil.

Previamente, e durante a mañá do propio día 7, técnicos dos concellos de Tomiño e Cerveira participarán en Vigo, no marco do citado Seminario CPS ESPON, na Mesa redonda sobre Cooperación Local para a prestación de servizos públicos municipais transfronteirizos, presentando o relatorio “Amizade Cerveira-Tomiño: construíndo unha eurocidade participativa”, na que expoñerá a traxectoria de traballo conxunto dos dous concellos, con experiencias tan singulares coma o OPT (Orzamento Participativo Transfronteirizo); a figura das valedoras da cidadanía transfronteiriza ou os servizos, equipamentos e actividades compartidas.

(1) O obxectivo do programa de cooperación ESPON 2020 é apoiar a eficacia da política de cohesión da UE e doutros programas e políticas sectoriais, no marco dos fondos estruturais e de investimento europeos, así coma as políticas de desenvolvemento territorial.

Related posts

28 Dezembro, 2022

A Eurocidade Cerveira-Tomiño tem novas Provedoras Transfronteiriças


Read more
19 Dezembro, 2022

Cerca de 900 jovens elegem a organização de jogos e actividades musicais transfronteiriças para o 2023


Read more
A Eurocidade Cerveira-Tomiño lanza unha enquisa para coñecer a opinión da veciñanza sobre problemáticas transfronteirizas
16 Dezembro, 2022

A Eurocidade Cerveira-Tomiño lança um inquérito para conhecer a opinião da vizinhança sobre questões transfronteiriças.


Read more


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Português
  • Português
  • Galego