Projetos para construção da ponte pedonal e ciclável Cerveira-Tomiño expostos na Biblioteca Municipal
24 Maio, 2018Aberta a fase de pré-inscrição para o Programa ‘Desporto para Todos’ 2018/2019
29 Maio, 2018Tomiño e Cerveira dan un paso máis na cooperación transfronteiriza coa creación dunha Eurocidade
O Concello de Tomiño vén de aprobar en pleno e por unanimidade a ‘Constitución da Eurocidade Cerveira-Tomiño’, “un proxecto de futuro” co que se busca seguir avanzando na actual cooperación transfronteiriza e na xestión compartida de equipamentos e servizos. “Trátase dun paso importantísimo para os dous municipios e dende o Concello agradecemos ese voto de confianza, ese apoio unánime a esta iniciativa, xa que non é soamente un acordo para algo puntual, senón un proxecto de futuro que beneficiará en moitos aspectos a ambos os dous municipios”, explicou Sandra González, alcaldesa de Tomiño.
Coa redacción deste documento para constituír unha Eurocidade conxunta entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira o goberno municipal segue a traballar man a man cos seus veciños portugueses para facilitar a vida da cidadanía nas dúas beiras do río. Para conseguilo formalizarase un convenio que recolla a nova denominación de Eurocidade Cerveira-Tomiño para promover de forma conxunta a cooperación institucional, a valorización do patrimonio natural e cultural, a xestión compartida de equipamentos e servizos públicos ou o planeamento estratéxico do territorio, ente outros aspectos.
Desde a súa posta en marcha, a cooperación transfronteiriza entre Tomiño e Cerveira ten como prioridade a participación pública e activa da cidadanía. En 2014 ambos os dous municipios subscribiron a ‘Carta da Amizade’, un documento que recoñecía esta cooperación territorial como un dos medios máis eficaces para a aproximación das poboacións fronteirizas, a supresión das dificultades que implican todas as fronteiras e a promoción do desenvolvemento económico, social e cultural.
Con este obxectivo, ambos os dous municipios levan anos sacando adiante iniciativas conxuntas como a figura da Valedora Transfronteiriza ou o Orzamento Participativo Transfronteirizo, enmarcado nun proxecto cofinanciado ao 75% polo Programa INTERREG VA POCTEP, con fondos FEDER da Unión Europea.