logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Projeto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Agenda Estratégica
    • Parque da Amizade
    • Documentação
    • About us
  • Participação
    • OPT
    • Provedoras
  • Serviços
    • Serviços partilhados
    • Atividades
    • Agendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economia
  • Notícias
  • Contacto
Português
  • Galego
✕
Cerveira e Tomiño estreitam laços culturais e desportivos com programação conjunta
19 Abril, 2016
Grupo de Trabalho Educação - 19 abril (Tomiño)
Grupos Trabalhos Temáticos 2016 – Educação, Cultura/Juventude e Área Social
5 Maio, 2016

Tomiño e Cerveira seguen adiante cos grupos de traballo, dos que sairán proxectos europeos para unha nova candidatura conxunta

4 Maio, 2016

O Concello de Tomiño e a Câmara de Vila Nova de Cerveira presentaron una candidatura conxunta á iniciativa europea POCTEP-EURORREG. Na mesma foron incluídas ideas recollidas nos FOCUS GROUP (grupos de traballo) realizados o pasado ano en ambos municipios.

Coa idea de establecer liñas de traballo en tres campos diferentes (cultura e mocidade – servizos sociais – educación), para a redacción de tres novos proxectos, estanse a celebrar sendas reunións dos grupos de traballo a un e outro lado da fronteira. A idea é que os futuros proxectos de cooperación xurdan como resultado dun traballo participativo entre xente de ambas beiras do río, co gallo de diluír fronteiras, colaborando para a xeración de ideas.

Con este obxectivo, o día 19 de abril pasado, reuníase na Casa da Cultura de Tomiño o primeiro grupo de traballo, en torno ao tema da Educación, e onte, 3 de maio, facía o propio o segundo grupo de traballo, para tratar temas de Cultura e Deporte.

Propostas

Destas xuntanzas xurdiron moitas ideas e propostas que, despois de estudar a súa viabilidade, poderían dar lugar a proxectos para unha candidatura europea común. A título de exemplo, cítanse algunhas desas ideas ou propostas:

  • Que durante o período lectivo o alumnado portugués e galego poda cartearse (cadaquén no seu idioma) e intercambiar fotos, libros etc.
  • Celebrar convivencias internacionais en parques ou outros espazos públicos durante uns días.
  • Organizar xornadas ou Encontros sobre temas de interese común.
  • Elaborar un dossiersobre educación, por parte do Concello de Tomiño e Cámara Municipal de Cerveira, cos recursos, servizos e programas educativos de ambas beiras para que se coñezan as ofertas que existen dun e doutro lado.
  • Estudar en profundidade o ámbito legal no tocante ao troco de alumnado/profesorado para participar en actividades educativas no país veciño.
  • Que os centros educativos de Tomiño tenten ofertar aulas de portugués (xa que en Cerveira impártense aulas de español nos colexios públicos).
  • Crear unha axenda de deporte escolar en conxunto.
  • Realizar encontros musicais entre infancia e mocidade.
  • Organizar un campus de fútbol municipal conxunto para nenos e nenas de Tomiño e Cerveira.

Related posts

28 Dezembro, 2022

A Eurocidade Cerveira-Tomiño tem novas Provedoras Transfronteiriças


Read more
19 Dezembro, 2022

Cerca de 900 jovens elegem a organização de jogos e actividades musicais transfronteiriças para o 2023


Read more
A Eurocidade Cerveira-Tomiño lanza unha enquisa para coñecer a opinión da veciñanza sobre problemáticas transfronteirizas
16 Dezembro, 2022

A Eurocidade Cerveira-Tomiño lança um inquérito para conhecer a opinião da vizinhança sobre questões transfronteiriças.


Read more


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Português
  • Português
  • Galego