Tomiño e Cerveira celebran a súa II Andaina saludable
4 Junho, 2019Comissão Europeia vai estudar alternativas para facilitar intercâmbios escolares em contextos transfronteiriços
11 Junho, 2019Tomiño presenta en Londres o seu mercado na 10ª Conferencia Internacional de Mercados Públicos
Para esta Conferencia, á que se espera asistan máis de 400 representantes de mercados de todo o mundo, foron seleccionados 20 exemplos como poñentes, entre os que se atopa Tomiño.
A Conferencia é un punto de encontro anual dos axentes que traballan en mercados públicos, e que pon o acento no papel que teñen estes como cohesionadores sociais, conectando as economías locais e as comunidades. Tomiño foi seleccionado, precisamente, por ter sido un proxecto que foi confeccionado por un equipo multidisciplinar e coa participación dos propios veciños/as, no que ademais do mercado, se transformou a contorna, conseguindo que as persoas dispuxeran dun lugar de encontro e convivencia, o que modificou radicalmente a vida da vila.
A intervención da alcaldesa de Tomiño está marcada para o día 7 de xuño ás 16.00h, co fin de que relaten a experiencia e falen do papel do novo espazo coma elemento transformador da vida da vila.
Na mesma mesa intervirá o Dr. Calvin Lee Kwan, director xeral de Corporate Development & Strategy Link Asset, de Hong Kong, e Oscar Martin, do Institut Municipal de Mercats, de Barcelona.
O alcalde de Londres, Sadiq Khan, será o encargado do discurso inaugural o día 6 as 9.00h na Catedral de Southwark.
A organización do evento corre a cargo de Project for Public Spaces (PPS), organización con sede en Nova York, que cada ano programa unha axenda que, ademais de conferencias, inclúe talleres, seminarios e visitas aos mercados da cidade onde se celebra a actividade. O encontro, ao que so asisten profesionais, celébrase sempre en grandes cidades como San Francisco, París ou Barcelona.