logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
http://participacerveiratomino.eu
Aberto o período de propostas para o Orzamento Participativo Transfronteirizo Cerveira-Tomiño
10 Setembro, 2019
Douscentos escolares de Cerveira e Tomiño participan conxuntamente en obradoiros artísticos con material de refugallo
Douscentos escolares de Cerveira e Tomiño participan conxuntamente en obradoiros artísticos con material de refugallo
30 Setembro, 2019

19 empresas europeas visitan o Baixo Miño e o norte de Portugal co obxectivo de establecer futuras relacións comerciais

19 Setembro, 2019
Misión Comercial Inversa

Procedentes de Reino Unido, Bélxica e Francia, ademais de Galicia, España e Portugal, 19 empresas de toda a cadea do sector agro visitan estes días o territorio transfronteirizo para coñecer a calidade dos seus produtos e servizos e manter reunións nas que formalizar futuros acordos comerciais. 

O obxectivo desta primeira Misión Comercial Inversa, que fora presentada na pasada Mostra de Cultivos celebrada en Goián en marzo, é contribuír ao posicionamento do sector agro de Baixo Miño e do norte de Portugal “dando a coñecer de primeira man a potenciais clientes e compradores os produtos e servizos agrarios da comarca”, achegando á zona novas oportunidades de negocio mediante un “mecanismo realmente eficiente para chegar a novos mercados”, en palabras dos organizadores.

Entre o 18 e o 20 de setembro, máis de 50 representantes de 30 empresas participarán activamente en diferentes reunións bilaterais. Ademáis, o xoves 19 realízase unha visita ao Festival de Xardins de Ponte de Lima e a distintas empresas portuguesas, adicándose o venres 20 ás visitas programadas a viveiros e á comercializadora do Baixo Miño.

Esta Misión Comercial Inversa, organizada por acuBam (Asociación de Cultivos Baixo Miño), en colaboración coa Associação Portuguesa de Produtores de Plantas e Flores Naturais (APPPFN), está promovida pola Eurocidade Cerveira-Tomiño, no marco das actividades de dinamización da economía local transfronteiriza contempladas no proxecto da ‘Axenda Estratéxica de Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño’, co-financiado ao 75% pola convocatoria INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da UE.

 

 

Novas relacionadas

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música
27 Marzo, 2023

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música


Ler máis
Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’
15 Marzo, 2023

Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’


Ler máis
As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”
10 Marzo, 2023

As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego