OPT Cerveira – Tomiño foi experiência em destaque na Corunha
5 Xullo, 2018Cerveira e Tomiño apresentam nova edição do Orçamento Participativo Transfronteiriço
23 Xullo, 2018A Asociación de persoas con discapacidade Vontade de Tomiño organiza, durante o mes de xullo, actividades de turismo e deporte inclusivo
O río Miño será o protagonista dun dos proxectos gañadores do Orzamento Participativo Transfronteirizo 2018
A Asociación de persoas con discapacidade Vontade de Tomiño organiza, durante o mes de xullo, actividades de turismo e deporte inclusivo. O pantalán adaptado de Goián, no Espazo Fortaleza, será o punto de partida das xornadas náuticas compartidas por Cerveira e Tomiño.
Esta mañá foi presentada ao público a actividade nun acto que tivo lugar no pantalán adaptado de Goián. Presidido pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o acto foi o punto de partida dunha serie de rutas turísticas e deportivas que teñen coma obxectivo amosar o patrimonio do río Miño e as súas áreas de influencia. Representantes da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira e da asociación Vontade, participaron tamén no acto celebrado a carón da praia fluvial de Goián.
Segundo informaron os organizadores da actividade, haberá tres modalidades de participación:
1.- DEPORTE TURISMO INCLUSIVO para amosar o patrimonio cultural e fluvial do río Miño.
2.- ORIENTACIÓN INCLUSIVA, destinada a probar a capacidade de coordinación e traballo en equipo das persoas participantes.
3.- PROBA DE SLALOM, realizando por equipos un percorrido trazado, nun tempo determinado, con diferentes probas de dificultade.
Información e inscricións na Asociación Vontade. Teléfono 00 34 986 62 30 44 e info@vontade.org
O proxecto Deporte Náutico inclusivo foi presentado conxuntamente no OPT 2018 por Vontade e máis a Associação Desportiva e Cultural da Juventude de Cerveira, e terá continuidade no Outono coa divulgación do deporte do remo entre escolares de 8 a 18 anos de ambos os dous concellos.
O Orzamento participativo transfronteirizo forma parte da Axenda Estratéxica de Cooperación Cerveira-Tomiño, un proxecto cofinanciado ao 75% pola convocatoria INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da UE.