logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
A Eurocidade Cerveira-Tomiño avalía os seus proxectos pioneiros de cooperación
A Eurocidade Cerveira-Tomiño avalía os seus proxectos pioneiros de cooperación
22 Outubro, 2020
A aposta pola conexión ferroviaria e polo protagonismo dos territorios da fronteira marcan as II Xornadas da Amizade
A aposta pola conexión ferroviaria e polo protagonismo dos territorios da fronteira marcan as II Xornadas da Amizade
27 Outubro, 2020

A Comisaria europea de Cohesión participa este venres no debate “Europa sen Fronteiras” das II Xornadas Amizade Cerveira-Tomiño

22 Outubro, 2020
As II Xornadas Amizade, por streaming

Todas as persoas que o desexen poderán asistir por streaming a través da páxina web da Eurocidade

 

A Eurocidade Cerveira Tomiño, quenta motores xa para a celebración das II Xornadas Amizade que terán lugar mañá ao longo de todo o día no Auditorio do CAE (Centro de Apoio ás Empresas de Cerveira)*, e que servirán para e reflexionar sobre o futuro da cooperación transfronteiriza, e realizar un balance dos resultados acadados na “Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño”, proxecto cofinanciado polo FEDER a través do Programa Interreg V A España-Portugal (POCTEP).

O foro contará con numerosas autoridades a nivel local, autonómico e estatal, entre as que se atopan a comisaria europea de Cohesión (Elisa Ferreira), a ministra de Coesão Territorial do Governo Português (Ana Abrunosa) e o presidente da Xunta de Galicia, (Alberto Núñez Feijóo) que participará por videoconferencia, igual que a comisaria. Todos eles participarán no debate “Europa sen fronteiras: O papel da cooperación transfronteiriza na consolidación do proxecto europeo” (16.00 h. portuguesa), moderado por Fátima Campos Ferreira, xornalista RTP e Xabier Fortes, xornalista RTVE, e no que tamén estarán o presidente da Cámara de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

Por parte galega, está confirmada a asistencia, entre outros, do deputado de Mobilidade Transfronteiriza na Deputación de Pontevedra (Uxío Benítez,); dos grupos parlamentarios do Parlamento de Galicia, do Reitor da Universidade de Vigo, de alcaldes e alcaldesas da zona e de diferentes organizacións empresarias e asociacións cívicas.

Debido ao contexto de pandemia Covid-19, e co fin de cumprir con todas as medidas de seguridade, só poden asistir presencialmente á sesión da tarde, que empezará ás 14.15h (hora portuguesa), aquelas persoas e medios de comunicación acreditados previamente.

Todas as persoas que o desexen poderán asistir por streaming a través da páxina web da Eurocidade Cerveira-Tomiño). O programa completo de actividades pode consultarse premendo aquí.

 

* Coordenadas: 41.969340, -8.687279

Novas relacionadas

Máis de 1.000 nenos e nenas de Tomiño e Cerveira coñecen ‘A pequena gran historia’ da Eurocidade
21 Setembro, 2023

Máis de 1.000 nenos e nenas de Tomiño e Cerveira coñecen ‘A pequena gran historia’ da Eurocidade


Ler máis
Ministerio de Cultura e Eurocidade Cerveira-Tomiño arrancan no Miño unha colección sobre os principais ríos da Península Ibérica
19 Setembro, 2023

Ministerio de Cultura e Eurocidade Cerveira-Tomiño arrancan no Miño unha colección sobre os principais ríos da Península Ibérica


Ler máis
21 Agosto, 2023

Juan Carlos Triñanes Buceta gaña o primeiro premio do XI Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego