logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
Tomiño presenta en Londres o seu mercado na 10ª Conferencia Internacional de Mercados Públicos
Tomiño presenta en Londres o seu mercado na 10ª Conferencia Internacional de Mercados Públicos
7 Xuño, 2019
Programa de actividades infantis Móvete nas vacacións
Este verán os nenos e nenas de Tomiño 
e Cerveira moveranse coa Eurocidade
17 Xuño, 2019

A mellora da mobilidade transfronteiriza infanto xuvenil será estudiada pola Comisión Europea a iniciativa de Cerveira e Tomiño

11 Xuño, 2019

O programa ‘Be Solutions’ buscará alternativas aos atrancos legais para os intercambios escolares en contextos transfronteirizos

O Programa B- Solutions, promovido pola Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE) e a EU Commission’s DG REGIO para impulsar a resolución de obstáculos fronteirizos de carácter xurídico e / ou administrativo ao longo das fronteiras internas da UE, seleccionou un proxecto presentado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia Norte de Portugal (GNP, AECT) en colaboración coa Eurocidade Cerveira-Tomiño e a Comissão de  Coordenação e  Desenvolvimento Regional  do Norte ( CCDR- N). O proxecto seleccionado busca simplificar a mobilidade transfronteiriza para facilitar a libre circulación de persoas menores que cruzan a fronteira para levar a cabo intercambios culturais, deportivos ou educativos.

A proposta foi consecuencia do Informe elaborado polas Valedoras da cidadanía transfronteiriza Cerveira-Tomiño (un órgano que tenta garantir a defensa dos dereitos e intereses dos residentes coma cidadáns europeos transfronteirizos), que reclamaban en febreiro pasado simplificar os trámites para o desprazamento dos menores de idade na zona da fronteira.

O programa europeo proporcionará agora aos beneficiarios seleccionados asesoramento de expertos legais. Os expertos darán apoio para definir o obstáculo de maneira clara, así como para identificar unha solución. Con ese fin, eses asesores deberán realizar un informe que incluirá: i) unha descrición clara do obstáculo legal, ii) unha indicación clara das disposicións legais que causan o obstáculo e iii) unha folla de ruta cara a unha posible solución con iv) indicación das entidades que participarán nela.

Incrementar a cooperación transfronteiriza nos programas escolares

Os concellos de Vila  Nova de Cerveira e Tomiño constataron que os requirimentos para realizar intercambios escolares de menores de idade entre os dous estados é un dos maiores obstáculos para unha fluída relación transfronteiriza. A eliminación ou simplificación deste problema burocrático permitirá incrementar a cooperación transfronteiriza nos programas escolares,  culturais e deportivos, permitindo unha maior cohesión territorial, social e económica.

O informe das Valedoras que fundamentou a proposta recomenda “estudar medidas excepcionais que adapten os requisitos de autorización sobre mobilidade transfronteiriza de menores ás novas realidades sociais e administrativas de nivel local, no marco da Unión Europea, promovendo, en calquera caso, experiencias piloto que permitan avaliar o avance do exercicio efectivo de dereitos sociais e a construción de identidades compartidas europeas, especialmente entre a infancia e a adolescencia”, singularmente entre “poboacións escolares que comparten territorio, intereses e trazos culturais en realidades socioloxicamente afíns como a de Galicia-Norte de Portugal ou a da Eurocidade Cerveira-Tomiño”.

A iniciativa B- Solutions tivo ata agora dúas convocatorias, a primeira en 2018 para proxectos piloto, e agora, en 2019, para proporcionar asesoramento de expertos legais.

Novas relacionadas

Máis de 1.000 nenos e nenas de Tomiño e Cerveira coñecen ‘A pequena gran historia’ da Eurocidade
21 Setembro, 2023

Máis de 1.000 nenos e nenas de Tomiño e Cerveira coñecen ‘A pequena gran historia’ da Eurocidade


Ler máis
Ministerio de Cultura e Eurocidade Cerveira-Tomiño arrancan no Miño unha colección sobre os principais ríos da Península Ibérica
19 Setembro, 2023

Ministerio de Cultura e Eurocidade Cerveira-Tomiño arrancan no Miño unha colección sobre os principais ríos da Península Ibérica


Ler máis
21 Agosto, 2023

Juan Carlos Triñanes Buceta gaña o primeiro premio do XI Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego