Direção-Geral das Autarquias Locais atribui Prémio Autárquico a Cerveira-Tomiño
27 Xullo, 2021A Eurocidade Cerveira-Tomiño organiza unha serie roteiros transfronteirizos para dar a coñecer o patrimonio cultural, natural e paisaxístico
6 Agosto, 2021A novena edición do Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández, reunirá a artistas dun e doutro lado da fronteira
Organizado pola Eurocidade, o certame terá lugar o domingo 22 de agosto en Goián (Tomiño) e Vila Nova de Cerveira
A novena edición Certame De Pintura Ao Aire Libre Antonio Fernández Eurocidade Cerveira-Tomiño, reunirá unha vez máis a varias decenas de artistas plásticos de Galicia e Portugal.
Organizado pola Eurocidade, o certame terá lugar o 22 de agosto en Goián (Tomiño) e Vila Nova de Cerveira, segundo acordo adoptado pola xunta de goberno do día 26 de xullo de 2021.
Poderán participar todas as persoas maiores de idade e nenos e nenas acompañados por adultos, que serán os seus responsables en todo momento.
O tema será calquera paisaxe do percorrido establecido no plano que cada participante deberá descargar da páxina web da Eurocidade O procedemento e a técnica serán libres.
A obra deberá realizarse ao aire libre, do natural (non se permite a utilización de fotografías) e in situ. O incumprimento por parte dos participantes desta norma suporá a descualificación automática do concurso.
A inscrición será gratuíta e farase dende o día de publicación das bases ata o 20 de agosto (incluído) a través da páxina web da Eurocidade por rigorosa orde de inscrición. Debido as actuais circunstancias derivadas da COVID-19 a inscrición este ano só poderá facerse de maneira online. Non se permitirán as inscricións presenciais o día do certame.
As persoas inscritas deberán presentarse o día do certame entre as 9:30 e 11:30 horas (8:30 e 10:30h de Portugal) na Aula Museo Antonio Fernández na praza Pintor Antonio Fernández de Goián (Tomiño), co obxecto de que a organización sele e numere o soporte. Os participantes deberán manter en todo momento a distancia de seguridade e cumprir coas normas sanitarias establecidas para a prevención da COVID19.
Poden consultarse as bases completas na páxina web do Concello de Tomiño.