logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
A estratexia común de desenvolvemento transfronteirizo será crucial “se pasa da teoría á práctica”
13 Outubro, 2020
O AECT Rio Minho pon en marcha un proxecto piloto de bicis transfronteirizas nas eurocidades do Miño
O AECT Rio Minho pon en marcha un proxecto piloto de bicis transfronteirizas nas eurocidades do Miño
21 Outubro, 2020

As ‘II Xornadas Amizade’ reflexionarán sobre o traballo da Eurocidade e o futuro da cooperación transfronteiriza

20 Outubro, 2020
As "II Xornadas Amizade" reflexionarán sobre o traballo da Eurocidade e o futuro da cooperación transfronteiriza

A Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño, proxecto cofinanciado polo FEDER a través do Programa Interreg V-A España-Portugal, desenvolveu ao longo dos últimos anos varias accións para potenciar un desenvolvemento sustentábel do territorio, con repercusións positivas na mellora da calidade de vida e da cohesión social da poboación; no reparto e optimización dos equipamentos e servizos públicos de utilización colectiva e dos recursos humanos e económicos, nun programa de cooperación con vocación de futuro.

Desde 2014, a Eurocidade Cerveira-Tomiño ten vindo a afondar e a consolidar as relacións institucionais, a través dunha programación e xestión conxunta, e coa participación de máis de 10.000 persoas nas distintas accións e actividades organizadas con vista á formulación de solucións comúns para problemas comúns.

Para a conclusión do proxecto, o vindeiro 23 de outubro terán lugar as II Xornadas Amizade Cerveira-Tomiño, no Auditorio do CAE (Centro de Apoio ás Empresas en Cerveira), co propósito de realizar un balance dos resultados acadados, mais tamén reflexionar sobre o futuro da cooperación transfronteiriza.

Dado o actual contexto de pandemia por mor da COVID-19, o evento será retransmitido por streaming e só será posible o acceso na sesión da tarde para ponentes, institucións, entidades convidadas e prensa acreditada.

Destaca no programa a sesión final que tratará da “Europa sen fronteiras: O papel da cooperación transfronteiriza na consolidación do proxecto europeo”, que prevé a participación, entre outras autoridades, do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo canda a Ministra portuguesa de Cohesión Territorial, Ana Abrunhosa, e a Comisaria Europea de Cohesión, Elisa Ferreira.

O programa completo pódese consultar premendo aquí.

Novas relacionadas

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música
27 Marzo, 2023

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música


Ler máis
Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’
15 Marzo, 2023

Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’


Ler máis
As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”
10 Marzo, 2023

As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego