
Unha ruta en bicicleta para descubrir fronteiras co II BTT Transibérico 2025 da Eurocidade Cerveira-Tomiño
16 Setembro, 2025
Novos desafíos no II BTT Transibérico 2025 con dúas rutas de 35 e 53 km
10 Outubro, 2025A Eurocidade dinamiza actividades para “Jovens + Criativos” e “Jovens + Sociais”

O Espazo Mocidade Sen Fronteiras da Biblioteca Municipal de Vila Nova de Cerveira promove, entre outubro e decembro, unha iniciativa que convida á mocidade da Eurocidade Cerveira-Tomiño a explorar a creatividade, a arte e a convivencia social.
Dividido en dúas áreas principais – “Jovens + Criativos” e “Jovens + Sociais” – o programa “Mocidade en Movemento” desafía ás persoas participantes a desenvolver novas competencias artísticas e sociais a través de actividades mensuais que combinan aprendizaxe, diversión e cidadanía activa.
- Jovens + Criativos
Unha vez ao mes, unha persoa artista, unha técnica e un desafío creativo únense para inspirar novas formas de expresión.
Estes obradoiros propoñen unha viaxe polas artes plásticas – pintura, escultura, instalación, mural e escrita – cruzándoas con temas globais relacionados coa sustentabilidade e o futuro do planeta.
Coa orientación de Alberto Ferreira (profesor de Educación Visual), Pilar Piñeiro (artista plástica) e Adelaide Graça(escritora), as sesións convidan á mocidade a crear sen límites nin avaliacións, explorando a súa creatividade ao servizo de causas que importan.
Obradoiros de 3 horas de duración (9h30 – 12h30)
- 11 de outubro (sábado) – Artista: Alexander Calder | Técnica: Escultura e pintura en movemento | Temática: Natureza – Aves Migratorias
- 8 de novembro (sábado) – Artista: Giuseppe Arcimboldo | Técnica: Modelado, pintura, collage e deseño | Temática: Alimentación saudable
- 19 de decembro (venres – vacacións escolares) – Artista: Bordalo II | Técnica: Instalación, pintura e escultura | Temática: Nadal sustentable
- Jovens + Sociais
O espírito competitivo e o bo ambiente tamén teñen o seu espazo no programa.
Os días 24 de outubro e 28 de novembro (venres, de 14.30 a 16.30 h) celebrarase o Torneo de Xogos de Mesa (Papel & Mar Salgado, Lusíadas e Cascadia) e PlayStation (FC25), un encontro para a mocidade que goza da estratexia, o razoamento e a boa disposición. Máis alá de gañar, o obxectivo é compartir experiencias, coñecer xente nova e pasalo ben.
O 20 de decembro (sábado, de 10.00 a 13.00 h), o protagonismo será para os Xogos de Mesa Modernos e o Fútbol de Chapas, coa orientación da Asociación Artmatriz e a presenza de xogadores dos clubs Pelames Fútbol Chapas e Os Históricos Fútbol Chapas de Vila Nova de Cerveira.
Máis ca un simple pasatempo, os xogos de mesa modernos son ferramentas poderosas para manter a saúde cognitiva, fomentar as relacións sociais, mellorar a calidade de vida e afastarnos das pantallas que nos rodean a diario.
As actividades están dirixidas a mozos e mozas a partir dos 12 anos, residentes na Eurocidade Cerveira-Tomiño.
A participación é de balde, mais require inscrición previa na Biblioteca Municipal de Vila Nova de Cerveira.



