logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
VII Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández - Eurocidade Cerveira-Tomiño
O toledano Rafael Carrascal, gañador do 
primeiro premio do VII Certame de pintura 
ao aire libre Antonio Fernández
20 Agosto, 2019
Fotografía: O Minho
Triatleta desaparecido no río Miño
2 Setembro, 2019

O festival infantil transfronteirizo propón 12 horas de animación gratuíta para nenos e adultos

28 Agosto, 2019
Festival infantil Aventura na Terra d'Amizade - Eurocidade Cerveira-Tomiño

O 31 de agosto todos os camiños levarán ao festival infantil ‘Aventura na Terra d’Amizade’

A Eurocidade Cerveira-Tomiño suxire un día familiar, con ducias de xogos nun espazo harmoniosamente natural, o Parque de Lazer do Castelinho. Tamén haberá concerto na Praza do Seixo de Tomiño

Diversión asegurada nun evento que combina un forte compromiso coa pegada ecolóxica a través de accións de concienciación ambiental

Entrada totalmente libre en todas as actividades

 

Antes do inicio do ano escolar, Vila Nova de Cerveira e Tomiño propoñen un festival infantil, unha despedida diferente de agosto e das vacacións de verán con todo aquilo que lles gusta e que merecen os máis pequenos e pequenas. Un día inesquecible de festa, moitas gargalladas e innumerables sorpresas nun ambiente seguro!

O festival infantil ‘Aventura na Terra d’Amizade’ trae este 31 de agosto inchables para todas as idades, camas elásticas, ludoteca para bebés, pinturas faciais, xogos tradicionais, baile, xumba para nenos e nenas, maxia, concerto infantil con Uxía Lambona e a Banda Molona, espectáculo de teatro ‘O Mago de Oz’, baby shark ou baile cos heroes, entre outras iniciativas ben divertidas.

Un festival sostible

E como todos os eventos que implican aos nenos e nenas debe de ter un compoñente didáctico, os pequenos festivaleiros e festivaleiras e as súas familias terán o desadío de facer a súa contribución á pegada ecolóxica. O festival infantil estará marcado por ser ambientalmente responsable, rradicando o uso desmedido de plásticos por un lado e, por outro, incentivando o mantemento de espazos públicos limpos e aseados coa presenza de varios ecopuntos de Valorminho.

Ademais, promocionarase a actividade ‘Recicla coa lontra’, a través da que todas as persoas participantes serán convidadas a encher unha estrutura metálica con forma de lontra co lixo do festival infantil. Ao longo do día están previstas accións onde aprender xogando a importancia dos 3R’s: reducir, reutilizar e reciclar.

Con socios como BioAventuras e Nai Natureza, as persoas participantes na ‘Aventura na Terra d’Amizade’ van poder desfrutar de obradoiros con produtos naturis e orixinais, así como de talleres de barro que proporcionan o contacto coa natureza e unha experiencia sensorial importante.

Máis de 12 horas de aventuras

Unidos polo río Miño, Vila Nova de Cerveira e Tomiño preparan máis de 12 horas se aventura familiar, potenciando a convivencia transfronteiriza nun ambiente natural e ecolóxico. A ‘Aventura na Terra d’Amizade’ abre das 10.00 horas deste sábado ata ás 19.00 h (hora portuguesa) no Parque de Lazer do Castelinho de Cerveira. Continuará a partir das 20.00 h (hora portuguesa) na Praza do Seixo de Tomiño co concerto completo de Uxía Lambona e a Banda Molona.

Entrada libre e gratuíta en todas as actividades.

Agardámosvos!

Bota un ollo ao programa de actividades…

Festival infantil Aventura na Terra d'Amizade - Eurocidade Cerveira-Tomiño

… e a o mapa do festival!

Festival infantil Aventura na Terra d'Amizade - Eurocidade Cerveira-Tomiño

Novas relacionadas

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música
27 Marzo, 2023

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música


Ler máis
Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’
15 Marzo, 2023

Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’


Ler máis
As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”
10 Marzo, 2023

As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego