logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
Dez andainas para coñecer Cerveira e Tomiño paso a paso
31 Xaneiro, 2020
App “Turismo Acessível” Cerveira-Tomiño disponível para download
4 Marzo, 2020

Cerveira e Tomiño presentan unha guía para promover un maior coñecemento sobre o sector do turismo local

27 Febreiro, 2020
Cerveira e Tomiño presentan unha guía para promover un maior coñecemento sobre o sector do turismo local

No mesmo acto darase a coñecer unha APP para o turismo accesible, proposta da Escola Superior Gallaecia, ACAPO e Asociación Vontade

 

Cerveira e Tomiño presentan o vindeiro martes 3 de marzo, unha guía para promover un maior coñecemento sobre o sector do turismo local e dinamizar o potencial económico da Eurocidade.

Trátase do resultado de meses de traballo conxunto: unha guía sectorial que recolle os principais recursos naturais, culturais e patrimoniais de ambos os municipios.

Simultaneamente á presentación do libro, darase a coñecer unha APP para o turismo accesible, proposta da Escola Superior Gallaecia, ACAPO (Associação dos Cegos e Amblíopes de Portugal) e a Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade, que resultou gañadora na edición 2018 do Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT), e que pretende cartografiar a accesibilidade dos recursos turísticos da Eurocidade, para facilitar, tanto as visitas de persoas con mobilidade condicionada, como as actuacións inclusivas de sociedade e institucións.

Para facilitar a organización do acto, as persoas interesadas débense inscribir previamente cubrindo o formulario que atoparán premendo aquí.

 

Programa acto (martes 3 de marzo de 2020)

Eurocidade Cerveira-Tomiño

FERRAMENTAS DE APOIO AO TURISMO TRANSFRONTEIRIZO

Presentación de Guía do sector e dunha APP para un turismo accesible

10:30h Visita guiada à Aula Museo Antonio Fernández (Goián)

Transporte en bus ata o Museu Bienal de Cerveira

Museu Bienal de Cerveira

11:30h Coffee-Break

12:00h Presentación da Marca Rio Minho. María Vence. Comunicación proxecto Visit Rio Minho

12:15h Presentación da APP para un turismo accesible. Proxecto gañador no Orzamento Participativo Transfronteirizo OPT 2018. ES Gallaecia, ACAPO e Asociación Vontade

12:45h O transfronteirizo como valor turístico

– Goretti Silva. Instituto Politécnico Viana do Castelo

– Valerià Paül. Director Fundación CEER (Centro de Estudos Euro Rexionais)

13:30h Presentación da Guía sobre o sector turístico na Eurocidade Cerveira-Tomiño

13:45h Clausura

– Sandra González, alcaldesa de Tomiño

– Fernando Nogueira, presidente da Câmara de Vila Nova de Cerveira

Transporte en bus ata Goián

 

Estas accións enmárcase na Axenda Estratéxica de Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño, cofinanciada ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP  a través de fondos FEDER da Unión Europea.

Con esta iniciativa, Vila Nova de Cerveira e Tomiño, sintetizan meses de traballo conxunto para mellorar a divulgación e promoción da competitividade do sector turístico. Técnicos municipais de turismo, desenvolvemento local e cooperación transfronteiriza; representantes do empresariado local; asociacións cívicas, comerciais e culturais e representantes da Eurocidade, celebraron desde finais de 2018, reunións de traballo e unhas xornadas con participación de diferentes actores turísticos para avanzar nunha diagnose común das potencialidades e necesidades do turismo no territorio.

O proxecto propiciou tamén, o pasado mes de xullo, unha demostración culinaria da recoñecida chef Toñi Vicente para a promoción do Mercado de Tomiño. Todas estas actividades incluíron diferentes experiencias turísticas no territorio, como visitas ao Castelo de Cerveira, a adegas, viveiros, ou navegación fluvial. Nesta ocasión, os participantes realizarán unha visita guiada á Aula Museo do pintor Antonio Fernández en Goián.

Nos traballos desenvolvidos, salientouse o río Miño, a singularidade fronteiriza e actividade no sector agrario, cos viveiros e adegas que desenvolven a súa actividade na comarca, como principais valores territoriais da Eurocidade para achegar á cidadanía un programa turístico transfronteirizo.

Novas relacionadas

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música
27 Marzo, 2023

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música


Ler máis
Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’
15 Marzo, 2023

Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’


Ler máis
As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”
10 Marzo, 2023

As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego