O Parque da Amizade, “unha nova zona franca social” no territorio transfronteirizo do Miño
31 Maio, 2021O delegado do Goberno confirma o compromiso do Estado co futuro Parque da Amizade
8 Xullo, 2021Cerveira-Tomiño lanza unha plataforma online de xestión de servizos e a tarxeta da Eurocidade
Cunha dinámica de cooperación transfronteiriza orientada para a melloría da calidade de vida das persoas, a Eurocidade Cerveira-Tomiño presentou, este sábado, unha plataforma tecnolóxica de xestión dos servizos e equipamentos públicos con utilización compartida, así como a respectiva Tarxeta da Eurocidade. A Ministra da Cohesión Territorial felicitou os alcaldes “polo empeño, visión e intelixencia depositada na xestión desta cooperación”. O mecanismo estará accesible publicamente dentro dun mes.
A opción polas instalacións da Piscina Municipal de Vila Nova de Cerveira para acoller esta presentación simbólica non foi froito do azar, xa que é o exemplo máis representativo da repartición e da optimización de equipamentos e servizos públicos, con cerca de 60% dos usuarios oriundos de Galicia, polo que será o equipamento-piloto da ‘ Eurocidade Online’. Para concretar o acceso eletrónico foi lanzado, simultaneamente, a Tarxeta da Eurocidade Cerveira-Tomiño, que identifica os residentes e non residentes en ambos os concellos.
“A Eurocidade Cerveira-Tomiño é dos mellores exemplos que temos de cooperación transfronteiriza”, comezou por dicir a Ministra da Cohesión Territorial, referíndose “ao traballo precursor na concreción dos designios da estratexia asinada, en outubro pasado, no Cume luso-española da Guarda”. A gobernante Ana Abrunhosa afirmou estar perante “unha dinámica que non é vulgar”, e que debe servir “de inspiración a todos os municipios de fronteira”.
“Nesta Eurocidade imos moi adiantados. O día a día, a cousa máis importante na vida pública é a que está a ser moito ben traballada aquí, a prestación dun servizo de excelencia aos municipios. Hoxe falamos de máis e mellor acceso a servizos, evitando a duplicación de equipamentos. Terán todo o apoio do Goberno de Portugal para continuaren a desenvolver proxectos desta dimensión”, engadiu.
Proxecto piloto
O alcalde cerveirense, Fernando Nogueira, manifestouse convencido de que este proxecto piloto “poida ser replicado a outros servizos e equipamentos deste territorio común, e até, quen sabe, a outros niveis”. Opinión compartida pola alcaldesa de Tomiño, Sandra Gonzalez, xustificando que “a non duplicación de servizos e equipamentos permite respostas e investimentos para outras necesidades”.
Coa expetativa de lanzamento dentro dun mes, a plataforma ‘ Eurocidade Online’ agrega a xestión dos servizos e equipamentos públicos con utilización partillada dos concellos de Vila Nova de Cerveira e de Tomiño, mais tamén poderá ser utilizada por outras entidades que ofrezan servizos neste territorio común. Cofinanciada polo INTERREG V-A, a plataforma divídese en dous apartados, Recursos e Eventos, a través dun acceso universal, fácil e seguro.