logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
Tomiño e Cerveira escollen entre catro proxectos de Cultura e Educación para poñer en marcha ao abeiro do Orzamento Participativo Transfronteirizo
4 Xaneiro, 2018
O Orzamento Participativo Transfronteirizo levará BTT&Trail Running ou deportes náuticos aos concellos de Tomiño e Cerveira
17 Xaneiro, 2018

Consumidores e accesibilidade, protagonistas na categoría de Territorio e Medio Ambiente para o II Orzamento Participativo Transfronteirizo

9 Xaneiro, 2018

A cidadanía segue tendo a golpe de rato a última decisión sobre que actividades desenvolver ao longo deste 2018 dentro da segunda edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo. Os veciños e veciñas de Tomiño e Vila Nova de Cerveira terán ata o vindeiro 20 de febreiro para escoller tres proxectos de entre os oito presentados por parceiros de ambos os dous lados do Miño, dous deles dentro da categoría de Territorio e Medio Ambiente e que teñen aos consumidores e a accesibilidade como protagonistas.

Dous proxectos a elixir

Nesta categoría, a Asociación Portuguesa para a Defensa do Consumidor (DECO) e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) propuxeron a iniciativa ‘Felices nas compras’, un proxecto que intenta reforzar as relacións comerciais transfronteirizas entre ambos os dous municipios, informar aos consumidores sobre os seus dereitos e resolver conflitos de consumo transfronteirizo.

Cun orzamento previsto de 5.758 euros, esta iniciativa contempla a creación dun Gabinete de Apoio ao Consumidor nos dous países dotados das competencias suficientes para resolver os conflitos máis rapidamente e dar resposta aos consumidores. Ademais, prevé a creación dunha liña directa entre os colaboradores municipais para a resolución de dúbidas, dunha web que aglutine todo o proxecto e da celebración dun debate sobre o tema con figuras de renome dentro da área do Dereito do Consumo.

O segundo proxecto presentado trátase da creación dunha aplicación para dispositivos móviles inclusiva para reforzar a accesibilidade e atraer visitantes con mobilidade condicionada tanto a Tomiño como a Cerveira. Coa ‘APP Turismo Accesible’proponse a posta en marcha de itinerarios accesibles con indicación dos principais puntos artísticos, culturais e turísticos da rexión con información sobre a súa accesibilidade con audiodescrición e empregando a realidade virtual aumentada como incitadora á participación de novos públicos.

Esta iniciativa, presentada pola asociación de persoas con discapacidade Vontade, ACAPO e a Escola Superior Gallaecia, conta cun custo previsto de arredor de 7.000 euros. Comezaría coa recollida de información sobre accesibilidade en locais culturais e turísticos para seguir coa investigación e experimentación de técnicas de deseño inclusivo para a creación da app accesible e para o desenvolvemento da interactividade dos itinerarios e outros elementos da aplicación. Unha vez desenvolvida a app, probada e corrixida presentaríase ao públicio xeral.

Como votar?

Ata o vindeiro 20 de febreiro todos aqueles veciños e veciñas de Tomiño e Cerveira que aparezan rexistrados no censo electoral poderán exercer o seu dereito a voto para esta segunda edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo. Soamente é necesario entrar na páxina web www.participacerveiratomino.eue rexistrarse con nome, apelidos e número de DNI, premer en ‘Participa’, seleccionar un proxecto por cada categoría e votar. Deberá sinalar ademais se está empadroado en Tomiño ou Cerveira e engadir un enderezo electrónico. A participación é validada tras o cruzamento da información persoal do rexistro cos datos do centro electoral, co fin de que o proceso sexa o máis transparente e seguro posible.

O Orzamento Participativo Transfronteirizo é un proxecto incluído na Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Tomiño-Cerviera, cofinanciado ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da Unión Europea, e que busca implicar á poboación de ambos os dous municipios na procura de solucións para necesidades comúns.

Novas relacionadas

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música
27 Marzo, 2023

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música


Ler máis
Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’
15 Marzo, 2023

Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’


Ler máis
As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”
10 Marzo, 2023

As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego