logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
Expert jurídico prevê apresentar relatório com propostas de simplificação para atividades escolares de fronteira no prazo de um mês
15 Outubro, 2019
Eurocidade Cerveira-Tomiño organiza jornada “Desporto para Todos” no Parque de Lazer do Castelinho
22 Outubro, 2019

Xornada de portas abertas no Convento de SanPayo cunha mostra de arte transfronteiriza asinada por estudantes

18 Outubro, 2019

Como resultado do proxecto gañador do Orzamento Participativo Transfronteirizo Cerveira-Tomiño 2019, preto de 200 nenos e nenas de ambos municipios desenvolveron conxuntamente unha actividade que combinou arte e natureza nun espazo cargado de singularidade ao longo dunha semana. Como xeito de marcar outro aniversario do finado mestre José Rodrigues, o convento de SanPayo abrirá as súas portas o 26 de outubro de 15 a 19h (hora galega) / 14 a 18h (hora portuguesa) para que as comunidades educativas e a poboación en xeral gocen do traballo realizado.

No Monte de SanPayo a apreciación da natureza é unha preocupación que se conserva continuamente, tanto polos franciscanos como o mestre José Rodrigues, e agora pola veciñanza de Cerveira e Tomiño. Baixo a dirección da artista multidisciplinar galega Mercé de Rande, que deseñou o concepto do proxecto, e con talleres en colaboración coa artista portuguesa e deseñadora gráfica Mariana Carapinha, o alumnado de 5º grao de Cerveira e Tomiño tiveron o reto de darlle ás á imaxinación.

Divididos en grupos transfronteirizos, os nenos e nenas participantes realizaron un traballo moi creativo cun forte compoñente ambiental, empregando materiais e natureza reutilizables (follas, paus, conos de piñeiro, pedras, botellas e cuncas de plástico, entre outros), ademais de experimentar un intercambio lúdico-pedagóxico de carácter transfronteirizo.

O resultado final presentarase publicamente a través dunha única e atractiva instalación artística, nunha xornada de portas abertas do Convento de SanPayo a toda a comunidade. Este proxecto foi promovido conxuntamente polas asociacións de pais dos centros escolares de Cerveira e a Mesa ANPAS dos centros educativos de Tomiño, no marco da última edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo.

Novas relacionadas

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música
27 Marzo, 2023

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música


Ler máis
Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’
15 Marzo, 2023

Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’


Ler máis
As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”
10 Marzo, 2023

As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego