logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
A piscina municipal de Cerveira amplía o horario para dar resposta á demanda dos clientes tomiñeses
15 Outubro, 2018
A Eurocidade Tomiño-Cerveira ofrece unha decena de actividades conxuntas no programa ‘Deporte para todas as persoas’
26 Outubro, 2018

Duascentas persoas participan nas actividades náuticas para persoas con mobilidade reducida, organizadas este verán entre Tomiño e Cerveira

18 Outubro, 2018

O pantalán adaptado instalado hai uns meses na praia de Goián, xunto ao Espazo Fortaleza, foi o punto de partida das xornadas náuticas compartidas por Cerveira e Tomiño nos meses de xullo e setembro. Un total de 12 saídas nas que 197 persoas practicaron en embarcacións adaptadas, dúas modalidades de navegación fluvial: o turismo e a orientación inclusiva.

Promovida conxuntamente pola Asociación de persoas con discapacidade Vontade, de Tomiño,  e a  Associação Desportiva e Cultural da Juventude de Cerveira,  esta iniciativa foi unha das vencedoras na edición 2018 do Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT).

Desde a Asociación Vontade, destacan a participación nos percorridos fluviais de 176 persoas con discapacidade, un 58,38% con discapacidade física e un 30,96% con discapacidade intelectual. “Démosllesás persoas con mobilidade reducida, unha das poucas oportunidades de deporte e lecer na que a eliminación de barreiras arquitectónicas fíxose realidade”, explican. As xornadas de navegación serviron, ademais, para coñecer o patrimonio cultural e fluvial do río Miño  e probar a capacidade de coordinación e traballo en equipo das persoas participantes.

A segunda fase do proxecto “Náutica para todas as persoas” prevé a divulgación da práctica do remo en cinco centros de educación primaria e no Instituto Antón Alonso Ríos de Tomiño, nos meses de outubro e novembro.

Doutro lado da raia, a Associação Desportiva e Cultural da Juventude de Cerveiraserá a encargada  de promover a práctica do remo entre os estudantes da Eurocidade, recentemente constituída, mediante a presentación dos ergómetros e a aprendizaxe do seu uso, nos centros de ensino de primaria e secundaria.

En breve, organizarase unha competición transfronteiriza entre os tres mellores clasificados dentro de cada categoría, tanto feminina, coma masculina.

O OPT forma parte da Axenda Estratéxica de Cooperación Cerveira-Tomiño, un proxecto cofinanciado ao 75% pola convocatoria INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da UE. 

 

Novas relacionadas

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música
27 Marzo, 2023

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música


Ler máis
Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’
15 Marzo, 2023

Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’


Ler máis
As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”
10 Marzo, 2023

As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego