Triatleta desaparecido no río Miño
2 Setembro, 2019Aberto o período de propostas para o Orzamento Participativo Transfronteirizo Cerveira-Tomiño
10 Setembro, 2019Encontrado o corpo de triatleta desaparecido no río Miño
Comunicado conxunto da Federación de Triatlo de Portugal, Federación Galega de Triatlon e Péntatlon Moderno, Pedal’Arte, Concello de Vila Nova de Cerveira e Concello de Tomiño.
O corpo do mozo triatleta desaparecido, desde domingo, no río Miño, foi encontrado esta mañá, polas 08h00, a flutuar na auga na marxe portuguesa, na zona fronte á Piscina Municipal. No transcurso das operacións de vixilancia no terreo, un elemento da corporación dos Bombeiros Voluntarios de Vila Nova de Cerveira deu o sinal de avistamento do cadáver, sendo inmediatamente accionado un bote do NRP Río Miño para concretar o rescate do corpo para, posteriormente, ser encamiñado para o Instituto de Mediciña Legal de Viana do Castelo. Por ter o suceso acontecido durante a proba de natación do XII Triatlo da Amizade, con organización conxunta, a Federación de Triatlo de Portugal, a Federación Galega de Triatlon e Péntatlon Moderno, a Pedal’Arte, o Concello de Vila Nova de Cerveira e o Concello de Tomiño manifestan publicamente o profundo pesar pola perda do mozo de 23 anos, enviando as máis sentidas condolencias á familia e amizades.
Tras catro días de operacións de busca intensivas, as dúas federacións, a asociación e ambos gobernos locais emiten tamén un agradecemento especial a todo o dispositivo destacado que, baixo coordinación da Capitania do Porto de Camiña e da Comandancia Naval do Miño, realizaron un traballo incansabel ao longo de toda a operación.
Neste momento, solicítase o respecto necesario para que familia e amizades poidan realizar as cerimonias fúnebres coa maior privacidade posíbel.
O Ministerio Público xa procedeu á abertura dunha investigación, polo que se agarda coa maior brevidade posíbel a clarificación dos feitos relativos ao sucedido.