Tomiño e Cerveira quedaron retratados no Certame de Pintura ao Aire Libre Antonio Fernández
20 Agosto, 2024Cerveira-Tomiño revalida o seu título das olimpíadas senior por quinta vez
16 Setembro, 2024Entrega absoluta das e dos ‘olímpicos’ de Cerveira e Tomiño
Os 40 membros do equipo ‘Olympics4All’ da Eurocidade están a participar na oitava edición das Olimpíadas Senior que se están a disputar en Monção
Os 40 membros do equipo ‘Olympics4All’ da Eurocidade Cerveira-Tomiño está a participar na 8ª edición das Olimpíadas Senior, un encontro que durante estes días reuniu en Monção a 400 persoas maiores de Cerveira e Tomiño, do municipio anfitrión e de todos os concellos do Alto Miño, dos municipios de Salvaterra do Miño e Fornos de Algodres e da APPACDM de Viana do Castelo.
Unhas xornadas que permiten xerar un espazo de intercambio de experiencias deportivas e sociais, especialmente polo que respecta aos beneficios para a saúde e o benestar. Con bo humor e espírito de compañeirismo, os membros do equipo tomiñés e cerveirense, o único equipo transfronteirizo participante, acudiron coa mesma dinámica, entrega e dedicación que amosaron ao longo de todo o ano nos seus adestramentos semanais.
Durante os tres días que dura a competición, os equipos participantes practican diversas modalidades, dende xogos tradicionais como a petanca e a chave ata baloncesto, voleibol, fútbol, bádminton, natación e atletismo.