logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
App “Turismo Acessível” Cerveira-Tomiño disponível para download
4 Marzo, 2020
A Eurocidade Cerveira-Tomiño mantén a cooperación a través de medios dixitais
A Eurocidade Cerveira-Tomiño mantén a cooperación a través de medios dixitais
2 Abril, 2020

España e Portugal acordan o control de fronteiras por motivos de saúde pública

16 Marzo, 2020

A Ponte da Amizade permanecerá pechada ao tráfico rodado dende esta mesma noite (00.00 h gal/23 h pt) ata o vindeiro 15 abril

Os Gobernos de España e Portugal veñen de acordar o control de fronteiras entre os dous países por motivos de saúde pública ao abeiro da pandemia do Covid-19. Por este motivo dende este mesmo luns 16 de marzo (23.00 h pt/00.00 h gal) estará prohibida a circulación de tráfico rodado entre ambos países pola maioría dos seus puntos transfronteirizos, entre eles a Ponte da Amizade que une Tomiño e Cerveira, que permanecerá pechada dende esta mesma noite.

Estará prohibida a circulación de todo tráfico rodado a excepción do transporte internacional de mercadorías, do transporte de traballadores transfronteirizos e da circulación de vehículos de emerxencia e socorro. Este tráfico soamente poderá cruzar dun país ao outro por nove pasos fronteirizos habilitados ao longo de toda a fronteira entre España e Portugal. No caso da provincia de Pontevedra será a ponte da A-55 entre Tui e Valença.

Esta medida estará en vigor ata as 00.00 h do 15 de abril de 2020, sen prexuízo de que poida ser revisada cada 10 días e prorrogada no tempo en caso de necesidade.

Consulta aquí o acordo completo.

Novas relacionadas

Máis de 1.000 nenos e nenas de Tomiño e Cerveira coñecen ‘A pequena gran historia’ da Eurocidade
21 Setembro, 2023

Máis de 1.000 nenos e nenas de Tomiño e Cerveira coñecen ‘A pequena gran historia’ da Eurocidade


Ler máis
Ministerio de Cultura e Eurocidade Cerveira-Tomiño arrancan no Miño unha colección sobre os principais ríos da Península Ibérica
19 Setembro, 2023

Ministerio de Cultura e Eurocidade Cerveira-Tomiño arrancan no Miño unha colección sobre os principais ríos da Península Ibérica


Ler máis
21 Agosto, 2023

Juan Carlos Triñanes Buceta gaña o primeiro premio do XI Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego