logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
A Eurocidade Cerveira-Tomiño mantén a cooperación a través de medios dixitais
A Eurocidade Cerveira-Tomiño mantén a cooperación a través de medios dixitais
2 Abril, 2020
Os concellos do AECT Rio Minho apostan pola apertura de novos pasos fronteirizos como medida de alivio para as traballadoras e traballadores que deben cruzar cada día
29 Abril, 2020

Información importante sobre emprego e traballo transfronteirizo

6 Abril, 2020
Información importante sobre emprego e traballo transfronteirizo

Contactos dispoñibles durante a crise sanitaria para consultas ou petición de certificados

Con motivo do estado de alerta establecido nesta crise sanitaria por COVID-19, os protocolos para demanda de emprego e outros trámites relacionado co ámbito laboral adaptaranse para cumprir coas medidas de contención previstas nestes intres. Así a oficina do Servizo Público de Emprego de Tui informa a todos os veciños e veciñas que queiran solicitar a prestación ou subsidio por desemprego que non necesitan activar a demanda de emprego, senón que o SEPE envía os datos directamente a esta oficina e nela xestiónase todo de oficio. Unha vez realizado o proceso, dende a oficina enviarán a tarxeta de demanda aos enderezos sinalados polas persoas demandantes en canto sexa posible.

Ademais, as traballadoras e traballadores transfronteirizos que queiran solicitar o modelo U1, deberán facelo vía telemática enviando un correo a CDSSViana-do-Castelo@seg-social.pt indicando nome completo, data de nacemento e número da seguridade social en Portugal (NISS).

Os teléfonos de información e consultas dispoñibles para os demandantes son o 886 110 777 ou 886 110 781 de 09.00 a 14.00 h. Tamén poden facerse vía correo electrónico á oficina do SPEG: oficina.emprego.tui@xunta.es.

Circulación transfronteiriza

Coa finalidade de facilitar a o paso pola fronteira Valença/Tui, o Concello de Tomiño creou unha liña de apoio dixital, con recurso a correo electrónico (beatriz.miranda@tomino.gal), para a emisión de volantes e certificados de residencia e de circulación de portugueses residentes en Tomiño e traballadores en Vila Nova de Cerveira. Aquelas persoas que dispoñan de certificado dixital ou teñan o DNI electrónico activado poden facer a súa solicitude a través da sede electrónica.

Ademais, para outras consultas relacionadas co traballo transfronteirizo durante a crise sanitaria pódese consultar o EURES transfronteirizo a través do seguinte enderezo electrónico eurest@iefp.pt e do teléfono 00 351 251 095 721. Máis información na web de Eures.

Información importante sobre emprego e traballo transfronteirizo

Novas relacionadas

Máis de 1.000 nenos e nenas de Tomiño e Cerveira coñecen ‘A pequena gran historia’ da Eurocidade
21 Setembro, 2023

Máis de 1.000 nenos e nenas de Tomiño e Cerveira coñecen ‘A pequena gran historia’ da Eurocidade


Ler máis
Ministerio de Cultura e Eurocidade Cerveira-Tomiño arrancan no Miño unha colección sobre os principais ríos da Península Ibérica
19 Setembro, 2023

Ministerio de Cultura e Eurocidade Cerveira-Tomiño arrancan no Miño unha colección sobre os principais ríos da Península Ibérica


Ler máis
21 Agosto, 2023

Juan Carlos Triñanes Buceta gaña o primeiro premio do XI Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego