logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
Retomada normalidade no funcionamento da Piscina Municipal
Retomada normalidade no funcionamento da Piscina Municipal
13 Outubro, 2021
The first event of Bridge Project
28 Outubro, 2021

Municipios de 11 países europeos reuniranse en Cerveira e Tomiño dentro do proxecto BRIDGE

19 Outubro, 2021
Municipios de 11 países europeos reuniranse esta semana en Cerveira e Tomiño para intercambiar boas prácticas, dentro do proxecto BRIDGE

Goián acollerá o venres 22 unha das sesións de traballo e charlas sobre cooperación transfronteiriza

 

Entre o 20 e o 24 de outubro celebrarase en Cerveira e Tomiño un encontro internacional no marco do Proxecto BRIDGE, no que participa Tomiño canda outros 10 socios europeos, co obxecto de crear redes de cooperación en materia transfronteiriza e intercambiar boas prácticas.

O Proxecto BRIDGE, coordinado pola Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira e financiado polo Programa Europa para cidadáns da Unión Europea, integra 11 entidades e municipios transfronteirizos de 11 países, co fin de promover a cidadanía e a cohesión social alén das fronteiras. Así, no proxecto participan, ademais de Tomiño e Cerveira, entidades de Bulgaria, Hungría, Eslovaquia, Eslovenia, Italia, Chipre, Lituania, Letonia e Serbia.

Tras a cena inaugural o día 20, as xornadas arrancarán o xoves 21 de outubro no auditorio da Biblioteca Municipal de Vila Nova de Cerveira coa sinatura oficial do acordo de colaboración entre todos os socios europeos, coa presentación do proxecto e a presentación institucional de cada un dos socios. Xa pola tarde, reuniranse para debatir sobre as dificultades de vivir preto da fronteira durante a pandemia sanitaria e, a partir das 17.00 horas visitarán o casco histórico de Cerveira.

Do lado tomiñés, Goián acollerá o venres 22 unha das sesións de traballo coa recepción dos participantes por parte da alcaldesa Sandra González, e conferencias sobre boas prácticas de cooperación transfronteiriza, como as existentes entre universidades galegas e portuguesas, ou as desenvolvidas pola AECT Río Minho. Haberá, ademais unha intervención a cargo dun representante da Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana da Comisión Europea.

O sábado 23 a xornada comezará cun debate sobre o Euroescepticismo e a realidade das fronteiras. Ao remate, as e os participantes poderán facer unha visita libre ao mercado de Cerveira. Xa pola tarde, a xornada será máis lúdica coa visita en Viana do Castelo ao casco histórico e á basílica de Santa Luzia.

Durante a execución do proxecto, ata outubro de 2022, os parceiros analizarán as causas que alimentan a xenofobia e o euro escepticismo en moitos países, presentando posíbeis solucións para garantir que as rexións transfronteirizas da Unión Europea poidan, a través dos seus propios medios, contribuír á mellora da cidadanía europea con experiencias compartidas, como a da Eurocidade Cerveira–Tomiño.

O BRIDGE prevé diferentes encontros nos que se abordarán temas relacionados coa financiación de programas e oportunidades para promover a cooperación transfronteiriza e europea; os problemas causados pola suspensión do Tratado de Schengen durante a pandemia; iniciativas de cooperación transfronteiriza nas áreas social, cultural, ambiental e de cidadanía ou as dificultades legais que existen na actualidade.

Consulta aquí o programa completo.

Novas relacionadas

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música
27 Marzo, 2023

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música


Ler máis
Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’
15 Marzo, 2023

Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’


Ler máis
As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”
10 Marzo, 2023

As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego