Cerveira-Tomiño lanza unha plataforma online de xestión de servizos e a tarxeta da Eurocidade
2 Xuño, 2021Direção-Geral das Autarquias Locais atribui Prémio Autárquico a Cerveira-Tomiño
27 Xullo, 2021O delegado do Goberno confirma o compromiso do Estado co futuro Parque da Amizade
O delegado do Goberno, José Manuel Miñones Conde, visitou o Concello de Tomiño, co fin de coñecer in situ o proxecto do futuro Parque da Amizade, incluída a pasarela peonil que se construirá entre Goián (Tomiño) e Vila Nova de Cerveira. O mandatario non puido asistir presencialmente á presentación do proxecto realizada no mes de xuño; de alí que asumira o compromiso de visitar o Concello personalmente. Acompañaron ao delegado a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, e os alcaldes de Vila Nova de Cerveira, Fernando Brito Nogueira, e de Tomiño, Sandra González.
Tras a presentación do proxecto, a cargo de esta última, o delegado do Goberno interesouse por coñecer a situación na que se atopan os trámites levados a cabo ante as distintas administracións, incluída a europea, e comprometeuse a interceder antes os ministerios que puideran facerse cargo do proxecto, así como ante os organismos que integren o futuro comité internacional para a xestión e mantemento das obras.
Pola súa banda, os alcaldes coincidiron en salientar o caracter complementario do futuro parque da Amizade, que sumará os recursos de cada vila cun denominador común: a Europa sen fronteiras. A importancia da renovación ferroviaria que está a levar a cabo Portugal, cunha estación situada no Parque do Casteliño, foi considerada polos rexedores locais “fundamental e estratéxica” para o desenvolvemento da comarca.
O proxecto da ponte peonil, que conta co apoio das administracións provinciais, rexionais e estatais lusas e españolas, marcará un antes e un despois nas relacións de cooperación transfronteirizas, estreitando lazos entre as dúas poboacións e convertindo a fronteira nun elemento común de desfrute para a veciñanza e o turismo.