logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
Inaugurada exposição itinerante dos 24 projetos do Concurso Internacional de Ideias para a Ponte Pedonal Cerveira-Tomiño
20 Abril, 2018
Projetos para construção da ponte pedonal e ciclável Cerveira-Tomiño expostos na Biblioteca Municipal
24 Maio, 2018

O mercado municipal acolle até o día 21 a exposición sobre o concurso da ponte peonil entre Tomiño e Cerveira

9 Maio, 2018

A exposición sobre os traballos presentados ao Concurso Internacional de Ideas para a Construción da Nova Ponte Peonil entre os concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira, vén de chegar a Tomiño, procedente de Pontevedra.


Até o vindeiro día 21 de maio, poderanse contemplar no primeiro andar do Mercado Municipal de Tomiño, os 24 proxectos admitidos ao certame, entre os que destacan as tres propostas finalistas: ‘Raia’, de Álvaro Siza e Jorge Amorim Nunes da Silva; ‘Caminho do rio,’ de Javier Zubia e Paula Teles; e ‘Una línea sobre el Miño’, das sociedades Burgos & Garrido e Bernabeu Ingenieros.

O deputado de Cooperación Transfronteiriza e concelleiro tomiñés, Uxío Benítez, salienta “o alto nivel e a diversidade de países que participaron neste concurso internacional, polo que pensamos que era necesario difundir os tres proxectos gañadores, pero tamén todos os que foron admitidos a concurso”.

A exposición, de carácter itinerante, que visitará proximamente a Câmara de Vilanova de Cerveira, espertou xa grande interese entre o público, e institucións coma o Colexio de Enxeñeiros de Camiños de Galicia, xa solicitaron poder contar con ela.

Proxecto Visit Río Miño

O concurso internacional de ideas foi posible grazas a estar  incluído dentro do proxecto europeo de cooperación transfronteiriza “Visit Rio Minho”, cofinanciado polo Interreg, e que ten coma obxectivo a posta en valor dos recursos endóxenos do río. Segundo Benítez, a idea é crear un parque transfronteirizo, un espazo urbano de xestión común entre os dous concellos, unha idea innovadora, que está sendo moi ben valorada por todos os estamentos.

Agora comeza a segunda fase, consistente nun procedemento negociado para a contratación dun proxecto básico, “que se agarda que se resolva á altura do verán”, de xeito que o proxecto final poida estar listo este mesmo ano.  Benítez indicou que ao logo de 2019 “será necesario obter as autorizacións e informes sectoriais precisas e así concluirá o proceso incluído dentro do proxecto”, advertindo que será un proceso complexo “porque afecta a unha zona moi sensible e a dous países, e polo mesmo, serán moitas as institucións que teñan que emitir informes”.

Novas relacionadas

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música
27 Marzo, 2023

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música


Ler máis
Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’
15 Marzo, 2023

Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’


Ler máis
As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”
10 Marzo, 2023

As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego