logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
O Triatlon da Amizade regresa con formato reestruturado e máis tecnolóxico
19 Agosto, 2019
Festival infantil Aventura na Terra d'Amizade - Eurocidade Cerveira-Tomiño
O festival infantil transfronteirizo propón 12 horas de animación gratuíta para nenos e adultos
28 Agosto, 2019

O toledano Rafael Carrascal, gañador do 
primeiro premio do VII Certame de pintura 
ao aire libre Antonio Fernández

20 Agosto, 2019
VII Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández - Eurocidade Cerveira-Tomiño

O xurado outorgou o segundo premio a Leticia Gaspar, de Bilbao, e o terceiro a Antonio Lorenzo, de Ourense

Grande éxito de participación na primeira edición transfronteiriza do certame, con 52 artistas procedentes incluso de París ou La Habana

Todas as obras exporanse no Centro Goianés ata o 25 de agosto e naFundação Bienal de Arte ata o 31

Grande éxito de participación na sétima edición do Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández, a primeira edición transfronteiriza ao formar parte da programación da Eurocidade Cerveira-Tomiño. Un total de 52 persoas participaron neste certame no que as e os artistas teñen como reto retratar in situ calquera punto do percorrido nas inmediacións do río Miño tanto en Tomiño como en Vila Nova de Cerveira.

Un éxito que se corrobora non soamente polo número de participantes, senón tamén polas súas procedencias. Ademais do 25% de pintores portugueses que deron as súas pinceladas o pasado domingo 18 de agosto, entre os participantes atopábanse artistas de toda Galicia, de Asturias, País Vasco, Catalunya e mesmo La Habana ou París, entre outras cidades.

Gañadores

A vista de Cerveira dende a praia fluvial de Goián de Rafael CarrascaL, de Toledo, foi a gañadora do primeiro premio do certame, dotado con 1.500 euros e patrocinado polo Concello de Tomiño. Pola súa banda, o segundo posto foi para Leticia Gaspar, de Bilbao, e o terceiro para Antonio Lorenzo, ambos premios dotados con 500 euros patrocinados pola Comunidade de Montes de Goián e pola Fundação Bienal de Arte de Cerveira.

O xurado quixo destacar a gran calidade das obras creadas por todas as persoas participantes e a vitalidade coa que o certame encheu Tomiño e Cerveira durante toda a xornada, dinamizando as súas rúas, afianzándoo como un importante atractivo turístico e servindo de escenario perfecto para a festa da arte no que se converte o certame.

Visita ás obras participantes

As obras participantes no Certame de pintura poderán ser vistas polo público tanto en Tomiño como en Cerveira. As creacións estarán a disposición de todas as persoas interesadas no primeiro andar do Centro Goianés ata o vindeiro 25 de agosto para despois recalar na sede da Fundação Bienal de Arte, onde estarán dispoñibles ata o 31 de agosto. Deste xeito, o público poderá desfrutar da arte de pintores consolidados cunha longa experiencia nesta modalidade e tamén de novas figuras que están a destacar a nivel peninsular.

O Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández forma parte das actividades desenvolvidas pola Eurocidade ao abeiro da Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño, un proxecto cofinanciado ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da Unión Europea.

Novas relacionadas

28 Decembro, 2022

A Eurocidade Cerveira-Tomiño ten novas Valedoras Transfronteirizas

Ler máis
19 Decembro, 2022

Cerca de 900 mozos e mozas elixen a organización de xogos e actividades musicais transfronteirizas para o 2023

Ler máis
A Eurocidade Cerveira-Tomiño lanza unha enquisa para coñecer a opinión da veciñanza sobre problemáticas transfronteirizas
16 Decembro, 2022

A Eurocidade Cerveira-Tomiño lanza unha enquisa para coñecer a opinión da veciñanza sobre problemáticas transfronteirizas

Ler máis

Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies

Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal

+351 251 708 020

Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España

+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego