OPT 2023

Música Nova

Música Nova foi un dos dous proxectos elexidos pola mocidade de Cerveira e Tomiño nas votacións do Orzamento Participativo Transfronteirizo 2023 (https://eurocidadecerveiratomino.eu/cerca-de-900-mozos-e-mozas-elixen-a-organizacion-de-xogos-e-actividades-musicais-transfronteirizas-para-o-2023/).

Obxectivos:

  • Promover a implicación da mocidade da Eurocidade en actividades musicais conxuntas, procurando a divulgación da tradición e a aprendizaxe de novos estilos musicais.
  • Educar en valores e habilidades sociais a través da música
  • Promocionar o espazo público para a divulgación e o intercambio cultural e xeracional.
  • Contribuír ao cumprimento dos obxectivos 11. Cidades e Comunidades sustentábeis e 4. Educación de calidade das Nacións Unidas

Público-obxectivo

  • Mozos e mozas residentes ou estudantes na Eurocidade, de entre os 12 e os 30 anos

O proxecto inclúe as seguintes accións:

  • Workshops formativos en educación en valores a través da música e capacitación para carreira profesional na música, seguindo as boas prácticas documentadas no proxecto “Play2Grow! - Acquisition of Values and Skills through Music” desenvolvido polo Concello de Tomiño e socios internacionais, financiado polo programa Erasmus+ da Unión Europea" https://play2grow.eu:
    1. Como comunicar un proxecto de música
    2. Improvisación dirixida como forma de axudar a expresar e comunicar
    3. Basic recycled instruments
    4. Como facer un rider Técnico
    5. Efectos especiais sonoros para filmes
  • Conversas con músicos profesionais con espazo para preguntas e respostas.
  • Showcases / miniconcertos de rúa con músicos ou bandas profesionais, de distintos estilos musicais.
  • Ensaios con mozos e mozas Tomiño e Vila Nova de Cerveira con nocións ou dominio dalgún instrumento, co obxectivo de promover a convivencia e a colaboración de estudantes de distintas escolas e orquestras de música.
  • A partir dos ensaios organizarase un espectáculo aberto á participación da comunidade: “O Miño que une” que favoreza o fortalecemento da identidade local, en base os hábitos, a relación transfronteiriza e as características da paisaxe, misturando cinema e música ao vivo. As actividades decorrerán en espazos públicos de Tomiño e Cerveira: Pista de skate de Goián, Espazo Fortaleza, Praza do Seixo, Campo da Feira, Forte de Lovelhe, Praza de Cerveira, Parque de lecer Castelinho ou Antigo Mercado de Goián, entre outros.
  • A presentación do “Espectáculo final”, aberta ao público, realizarase no Auditorio de Goián.

As actividades decorrerán entre o 22 de abril e o 10 de xuño en diversas localizacións de Cerveira e Tomiño. Non é imprescindible ter coñecementos musicais. Como algunhas actividades teñen prazas limitadas, é preciso inscribirse previamente cumprimentando o formulario dispoñible na web da Eurocidade, onde figurarán tamén os horarios e localizacións específicas.

As Conversas e showcases/miniconcertos con músicos ou bandas profesionais e o Concerto-espectáculo final son de entrada libre.

MÚSICA NOVA forma parte do PROXECTO 0780_AMIZADE_1_P: "Consolidación estratéxica da cooperación transfronteIriza entre Cerveira e Tomiño" cofinanciado ao 75% pola 6ª Convocatoria do programa INTERREG VA ESPAÑA PORTUGAL (POCTEP) a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da UE.