logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
O programa ‘Deporte para todas as persoas’ retoma as súas actividades conxuntas en Tomiño e Cerveira
29 Xaneiro, 2019
Tomiño e Cerveira piden simplificar os trámites para o desprazamento dos menores de idade na zona da fronteira
7 Febreiro, 2019

Os alcaldes de Tomiño e Cerveira salientan o papel estratéxico dun territorio común coma factor de atracción turística

1 Febreiro, 2019
Xornadas turismo Cerveira Tomiño

Na presentación das xornadas, que se estenderon durante toda o día, os rexedores estiveron acompañados polo director da AECT Río Miño, Uxío Benítez

 

Xornadas turismo Cerveira TomiñoBorrar a noción de fronteira entre Galiza e Portugal, ofrecendo o Territorio Río Miño coma un produto único, resultará estratéxico á hora de atraer turistas. Nesta idea base coincidiron tanto os alcaldes de Cerveira e Tomiño (Fernando Nogueira e Sandra González, respectivamente), coma o director da AECT Río Miño (Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño), Uxío Benítez, durante a inauguración das xornadas “O turismo no contexto transfronteirizo Cerveira-Tomiño”, celebradas hoxe no Castelo de Vila Nova de Cerveira.

Benítez referiuse á situación xeoestratéxica da zona, entre as cidades de Vigo e Oporto, cunha paisaxe común e recursos endóxenos moi valiosos, que compoñen a Marca Río Miño, na que xa se está a traballar no ámbito europeo, con dous proxectos (Smart Miño e Visit Río Miño. Fondos INTERREG V-A (POCTEP). O tamén deputado de Cooperación Transfronteiriza da Deputación de Pontevedra, referiuse, asemade, á creación do “Anel Verde”, proxecto no que se investirán máis de 600.000 euros para conseguir conectar todas as sendas dun e outro lado do río, e vendelas como un paquete. “O corazón dese anel verde será a creación dun parque transfronteirizo, integrado polo parque do Casteliño e o Espazo Fortaleza (en Cerveira e Goián, respectivamente), que estará unido por unha ponte peonil sobre o río”, explicou o director da AECT Río Miño.

Sandra González, pola súa banda, agradeceu a participación das preto de 30 entidades que se reuniron previamente ás xornadas para traballar no tema de iniciativas turísticas conxuntas, resaltando o papel fundamental da participación cidadá nestes procesos.

Mesas de traballo e visitas

As xornadas, organizadas pola Eurocidade Cerveira-Tomiño e o Interreg España-Portugal, estendéronse ao longo da xornada, con dúas mesas de traballo (“Natureza, Cultura e Paisaxe” e “Oferta e demanda turística”) e visitas guiadas, contando coa colaboración de profesionais galegos e lusos, coma Juan Manuel Trillo, profesor da Universidade de Santiago; Alfredo Iglesias Graña, xerente de Guías Malouco; Xerardo Pereiro, profesor da Universidade de Tras-os-Montes e Alto Douro; Alexandra Correia, profesora de turismo no Instituto Politécnico de Viana do Castelo; Paulo Almeida, xerente de Portugal Green Walks; Goretti Silva, doutora en turismo pola Universidade de Bournemouth (Reino Unido) e Manuel Rodríguez, técnico da Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais.

Entre as persoas asistentes atopábanse tamén as valedoras/provedoras transfronteirizas de Tomiño e Cerveira, concelleiros de Cultura e Turismo de ambos os dous concellos, técnicos municipais, axentes locais, etc.

Xornadas turismo Cerveira Tomiño

Novas relacionadas

Máis de 1.000 nenos e nenas de Tomiño e Cerveira coñecen ‘A pequena gran historia’ da Eurocidade
21 Setembro, 2023

Máis de 1.000 nenos e nenas de Tomiño e Cerveira coñecen ‘A pequena gran historia’ da Eurocidade


Ler máis
Ministerio de Cultura e Eurocidade Cerveira-Tomiño arrancan no Miño unha colección sobre os principais ríos da Península Ibérica
19 Setembro, 2023

Ministerio de Cultura e Eurocidade Cerveira-Tomiño arrancan no Miño unha colección sobre os principais ríos da Península Ibérica


Ler máis
21 Agosto, 2023

Juan Carlos Triñanes Buceta gaña o primeiro premio do XI Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego