logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
A Eurocidade Cerveira-Tomiño continúa con éxito de participación os Roteiros do Miño
A Eurocidade Cerveira-Tomiño continúa con éxito de participación os Roteiros do Miño
30 Agosto, 2021
A Eurocidade Cerveira-Tomiño cumpre 3 anos promovendo a cooperación entre ambas beiras do Miño
4 Outubro, 2021

Os Roteiros do Miño continúan este domingo coa Ruta do Vale das Donas

7 Setembro, 2021
Os Roteiros do Miño continúan este domingo coa Ruta do Vale das Donas

A ruta, de 8km de percorrido e dificultade media, percorrerá a ribeira do Real pasando por un peculiar bosque ripícola

 

Os Roteiros do Miño continúan este domingo coa Ruta do Vale das DonasA Eurocidade Cerveira-Tomiño continúa coa súa xeira de Roteiros do Miño 2021, un proxecto que pretende dar a coñecer “camiñando” a riqueza existente a ambas beiras do Miño a nivel paisaxístico, cultural, patrimonial, ambiental e natural. O pasado sábado 4 de setembro tivo lugar a Ruta nocturna do Cervo ao Niño do Corvo, unha andaina transfronteiriza que acadou novamente un notable éxito, participando 30 persoas e completando as inscricións.

O vindeiro domingo 12 de setembro terá lugar o seguinte roteiro. Será a Ruta do Vale das Donas, que partirá da freguesía de Sopo en Vila Nova de Cerveira ás 9:00 horas (hora portuguesa). Trátase dun percorrido de dificultade media, con aproximadamente 8 quilómetros de percorrido, que percorrerá a ribeira do Real pasando por un peculiar bosque ripícola.

Ademais da Ruta do Vale das Donas, os Roteiros do Miño 2021 contarán aínda con tres citas máis: O domingo 26 de setembro desenvolverase a Ruta da Pedra Furada (9:30 horas, hora galega), o domingo 10 de outubro a Ruta do Alto da Pena (9:00 horas, hora portuguesa) e o sábado 23 de outubro a Ruta das Fontes (9:30 horas, hora galega).

Para poder participar en calquera destas rutas é preciso reservar praza enviando un correo electrónico a roteirosminho@gmail.com cos seguintes datos: nome, data de nacemento, teléfono de contacto e correo electrónico.

 

 

 

Novas relacionadas

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música
27 Marzo, 2023

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música


Ler máis
Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’
15 Marzo, 2023

Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’


Ler máis
As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”
10 Marzo, 2023

As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego