
Cerveira-Tomiño revalida o seu título das Olimpíadas Sénior
6 Outubro, 2023
Cerveira e Tomiño investirán 900.000 euros na adaptación aos cambios climáticos e na promoción da igualdade
28 Novembro, 2023Participamos nunha reunión coa Comisaria Europea de Cohesión para presentar experiencias transfronteirizas

A Comisaria Europea de Cohesión e Reformas, Elisa Ferreira, que participou estes días no Encontro Anual INTERREG 2030 que se celebra en Compostela, visitou o Baixo Miño para reunirse cos axentes territoriais e coñecer directamente proxectos de cooperación que se realizan entre Galicia e Portugal no marco do programa INTERREG-POCTEP.
Neste marco, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o presidente da Câmara de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, presentaron algunhas experiencias innovadoras promovidas pola Eurocidade Cerveira-Tomiño. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, agradeceu á comisaria a oportunidade da reunión e do seu interese, lembrando a súa participación hai 3 anos nas II Xornadas da Amizade Cerveira-Tomiño.
No encontro, a alcaldesa de Tomiño e o presidente da cámara de Vila Nova de Cerveira destacaron iniciativas como a dos Orzamentos Participativos ou a das Valedoras Transfronteirizas, para o que contaron coa asistencia á reunión de Zara Pousa, quen fora Valedora por Tomiño entre 2017 e 2022, e de Manuela Ferreira, Provedora por Vila Nova de Cerveira dende 2022. Ambos, alcaldesa e presidente, expresaron o compromiso da Eurocidade de ampliar a cooperación aos ámbitos da igualdade e da conciliación da vida laboral e familiar, así como da adaptación do territorio ao cambio climático.
Finalmente, fíxose entrega á Comisaria da Axenda 2030 da Eurocidade Cerveira Tomiño, recentemente presentada, salientando dous aspectos de entre as 14 prioridades e centos de accións que contén: a necesidade de por o foco na participación da xente nova como aposta clara polo futuro, e a mobilidade transfronteiriza sostible, buscando alternativas limpas como os espazos peonís, a bicicleta e o ferrocarril.