Fronteiras Portugal/España: A luz ao fondo do túnel
3 Maio, 2021O Parque da Amizade, “unha nova zona franca social” no territorio transfronteirizo do Miño
31 Maio, 2021A piscina municipal de Cerveira reabre o 10 de maio só para baños libres
É preciso solicitar inscrición previa por teléfono e asistir un máximo de dúas veces por semana
Despois de máis dun ano pechada por mor da Covid-19, a Piscina Municipal de Vila Nova de Cerveira reabre o próximo luns, 10 de maio, pero exclusivamente para baños libres.
O horario de funcionamento foi ampliado. A instalación permanecerá aberta ao público de luns a venres, de 08.05 a 12.40 horas, e de 16.05 a 20.40, sendo necesario realizar inscrición previa chamando ao teléfono 00 351 251 708 025.
O proceso de reapertura, aínda que restrinxido, implica un conxunto de regras emanadas da Dirección-Xeral da Saúde (DGS), da Organización Mundial de Saúde (OMS) e do Centro Europeo de Prevención e Control de Doenzas (ECDC), co fin de ser un local seguro para usuarios e profesionais.
Máximo 40 minutos dúas veces por semana
Para poder desinfectar o complexo correctamente e responder ao necesario distanciamento social, nesta primeira fase, só serán permitidos baños libres cunha duración máxima de 40 minutos e unha ocupación máxima dun usuario por pista (no total de sete pistas). Entre as regras máis específicas, pasa a ser prohibida a utilización de material de auxilio ao nado e a ser obrigatorio a reserva previa, estando limitadas ás prazas existentes a dúas sesións por usuario por semana.
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, manifesta a súa satisfacción pola apertura da piscina de Cerveira, á que acoden moitos veciños e veciñas tomiñeses. Así mesmo, a rexedora prega á cidadanía facer un uso responsable das instalacións transfronteirizas, de xeito de evitar contaxios.