logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
Fomentar as rutas de sendeirismo e bicicleta nos montes de Tomiño e Cerveira, unha das propostas do Orzamento Participativo
9 Febreiro, 2018
A Unión de Consumidores de Galicia propón facilitar as compras transfronteirizas creando un gabinete de apoio ao abeiro do Orzamento Participativo
16 Febreiro, 2018

Potenciar a formación artística entre o alumnado, proposta da Mesa de Anpas dos centros educativos de Tomiño para o Orzamento Participativo

14 Febreiro, 2018

Continúa aberto o prazo de inscrición para escoller as actividades que se desenvolverán ao longo de 2018 de forma conxunta entre Tomiño e Cerveira ao abeiro do Orzamento Participativo Transfronteirizo, unha iniciativa pioneira na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal incluída na Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Tomiño-Cerveira, proxecto cofinanciado ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da Unión Europea.

Nesta segunda edición a Mesa de Anpas dos centros educativos de Tomiño presentaron por primeira vez un proxecto para “ofertar formación e dinamización no ámbito artístico, tan escaso no currículo escolar”. Aínda que a idea xa levaba tempo xermolando, nesta ocasión daríase coa colaboración da Escola Superior Gallaecia, outro dos parceiros da iniciativa.

O obxectivo é proporcionar a alumnado de primaria e secundaria unha introdución á formación artística “mediante espazos para a experimentación e demostración artísticas, novos coñecementos das artes plásticas e da arquitectura” ao tempo que se daría “unha oportunidade para a convivencia da poboación escolar dos dous lados da raia mediante un traballo artístico conxunto”, salientan.

A proposta recolle a realización de dúas a catro actividades para os e as estudantes de secundaria e de tres a seis obradoiros para os rapaces e rapazas de primaria, en función da demanda, todas relacionadas co ámbito das artes plásticas e dixitais e da arquitectura. Para a Mesa de Anpas dos centros educativos de Tomiño o Orzamento Participativo Transfronteirizo abre a porta a futuras colaboracións con centros portugueses e “unha posibilidade á hora de valorar sacar adiante novos proxectos”.

Votación

Ata o vindeiro 20 de febreiro todos aqueles veciños e veciñas de Tomiño e Cerveira que aparezan rexistrados no censo electoral poderán exercer o seu dereito a voto para esta segunda edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo. Soamente é necesario entrar na páxina web www.participacerveiratomino.eue rexistrarse con nome, apelidos e número de DNI, premer en ‘Participa’, seleccionar un proxecto por cada categoría e votar. Deberá sinalar ademais se está empadroado en Tomiño ou Cerveira e engadir un enderezo electrónico. A participación é validada tras o cruzamento da información persoal do rexistro cos datos do centro electoral, co fin de que o proceso sexa o máis transparente e seguro posible.

Novas relacionadas

Máis de 1.000 nenos e nenas de Tomiño e Cerveira coñecen ‘A pequena gran historia’ da Eurocidade
21 Setembro, 2023

Máis de 1.000 nenos e nenas de Tomiño e Cerveira coñecen ‘A pequena gran historia’ da Eurocidade


Ler máis
Ministerio de Cultura e Eurocidade Cerveira-Tomiño arrancan no Miño unha colección sobre os principais ríos da Península Ibérica
19 Setembro, 2023

Ministerio de Cultura e Eurocidade Cerveira-Tomiño arrancan no Miño unha colección sobre os principais ríos da Península Ibérica


Ler máis
21 Agosto, 2023

Juan Carlos Triñanes Buceta gaña o primeiro premio do XI Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego