![](https://eurocidadecerveiratomino.eu/wp-content/uploads/2018/10/cartel_deporte_portada2.jpg)
A Eurocidade Tomiño-Cerveira ofrece unha decena de actividades conxuntas no programa ‘Deporte para todas as persoas’
26 Outubro, 2018![](https://eurocidadecerveiratomino.eu/wp-content/uploads/2018/11/flyer-votacion-orzamento-3.jpg)
Seis novos proxectos serán votados pola cidadanía de Tomiño e Cerveira no Orzamento Participativo Transfronteirizo 2019
7 Novembro, 2018A Eurocidade pon en marcha actividades artísticas na poboación escolar de Tomiño e VN Cerveira
![](https://eurocidadecerveiratomino.eu/wp-content/uploads/2018/10/Actividades-artísticas-Eurocidade-2-1000x675.jpg)
A Eurocidade Cerveira-Tomiño vén de por en marcha un dos proxectos gañadores na votación do OPT 2018, proposto pola Mesa de ANPAs de Tomiño e a Escola Superior Gallaecia, de VN Cerveira.
A actividade comezou a semana pasada en Cerveira, coa participación de 65 estudantes de 3º da ESO do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño e do 9º curso de Vila Nova de Cerveira, que desenvolveron conxuntamente, nos locais da Bienal e da Escola Superior Gallaecia, distintos traballos artísticos, baixo a supervisión de profesorado especializado, facendo diversos “collages” artísticos e construción de maquetas, co fin de experimentar a súa creatividade e os diferentes usos e concepcións do espazo.
Están programadas outras catro sesións para os meses de novembro, xaneiro, febreiro e abril. As sesións esténdense de 10.00 a 13.30h., e está prevista a participación dun total de 400 alumnos e alumnas, a metade galegos e a outra metade portugueses, 240 de Educación Secundaria e 160 de educación Primaria.
Os principais obxectivos deste proxecto son, por unha banda, proporcionar á poboación infantil e xuvenil de Primaria e Secundaria, unha introdución á formación artística, mediante espazos para a experimentación e demostración artísticas, novos coñecementos das artes plásticas e da arquitectura, e por outra (moi importante) dar unha oportunidade para a convivencia da poboación escolar dos dous lados da raia, mediante un traballo artístico conxunto.