logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
A Eurocidade Tomiño-Cerveira ofrece unha decena de actividades conxuntas no programa ‘Deporte para todas as persoas’
26 Outubro, 2018
Seis novos proxectos serán votados pola cidadanía de Tomiño e Cerveira no Orzamento Participativo Transfronteirizo 2019
7 Novembro, 2018

A Eurocidade pon en marcha actividades artísticas na poboación escolar de Tomiño e VN Cerveira

29 Outubro, 2018

A Eurocidade Cerveira-Tomiño vén de por en marcha un dos proxectos gañadores na votación do OPT 2018, proposto pola Mesa de ANPAs de Tomiño e a Escola Superior Gallaecia, de VN Cerveira.

A actividade comezou a semana pasada en Cerveira, coa participación de 65 estudantes de 3º da ESO do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño e do 9º curso de Vila Nova de Cerveira, que desenvolveron conxuntamente, nos locais da Bienal e da Escola Superior Gallaecia, distintos traballos artísticos, baixo a supervisión de profesorado especializado, facendo diversos “collages” artísticos e construción de maquetas, co fin de experimentar a súa creatividade e os diferentes usos e concepcións do espazo.

Están programadas outras catro sesións para os meses de novembro, xaneiro, febreiro e abril. As sesións esténdense de 10.00 a 13.30h., e está prevista a participación dun total de 400 alumnos e alumnas, a metade galegos e a outra metade portugueses, 240 de Educación Secundaria e 160 de educación Primaria.

Os principais obxectivos deste proxecto da Eurocidade son, por unha banda, proporcionar á poboación infantil e xuvenil de Primaria e Secundaria, unha introdución á formación artística, mediante espazos para a experimentación e demostración artísticas, novos coñecementos das artes plásticas e da arquitectura, e por outra (moi importante) dar unha oportunidade para a convivencia da poboación escolar dos dous lados da raia, mediante un traballo artístico conxunto.

Novas relacionadas

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música
27 Marzo, 2023

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música


Ler máis
Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’
15 Marzo, 2023

Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’


Ler máis
As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”
10 Marzo, 2023

As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego