logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
A Eurocidade pon en marcha actividades artísticas na poboación escolar de Tomiño e VN Cerveira
29 Outubro, 2018
600 escolares de Tomiño inícianse na práctica do remo
21 Novembro, 2018

Seis novos proxectos serán votados pola cidadanía de Tomiño e Cerveira no Orzamento Participativo Transfronteirizo 2019

7 Novembro, 2018

Unha vintena de asociacións e entidades sen fins de lucro son as promotoras das novas iniciativas

Concluído o proceso de remisión de propostas á 3ª edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo Cerveira-Tomiño (OPT), un total de 18 entidades dos dous lados da fronteira, presentaron seis proxectos suxeitos a votación por parte das poboacións de Cerveira e Tomiño.

Tras celebrarse preto de 20 xuntanzas para explorar eventuais alianzas e desenvolver proxectos conxuntos, a dinámica entre asociacións galego-portuguesas tornouse intensa, a través do intercambio de coñecementos e do intercambio entre persoas e asociacións que comparten os mesmos intereses e obxectivos, pero que até o de agora descoñecíanse.

A preparación das candidaturas implicou un bo número de encontros previos en diversos ámbitos, coma a educación, a cultura, a economía e a inclusión social, culminando coa presentación formal de seis proxectos executables durante 2019 no territorio común da Eurocidade Tomiño Cerveira.

O proceso de votación, entre o 8 de novembro e o 16 de decembro, levarase a cabo a través da plataforma online http://participacerveiratomino.eu/

Coma nas dúas edicións anteriores, poderán votar os residentes en Vila Nova de Cerveira e Tomiño, maiores de idade, sendo obrigatorio o voto por dous proxectos.

Dotado con 20.000 euros, o OPT é unha das prioridades da Axenda Estratéxica de Amizade Cerveira-Tomiño, coa que se pretende potenciar a participación pública e o poder de decisión da cidadanía de ambas marxes do río Miño. É un proxecto cofinanciado en 75% polo programa INTERREG VA POCTEP de cooperación transfronteiriza, a través de fondos FEDER da Unión Europea.

 

LISTA DE PROXECTOS

“Sostibilidade”: ten como prioridade fomentar a mudanza de hábitos na conservación do medio ambiente. Os seus promotores son: Agrupación de Escolas de Vila Nova de Cerveira/ IES Antón Alonso Ríos/ CEIP Pintor Antonio Fernández/ CEIP de Barrantes.

“Pontes de Arte”: procura identificar os artistas vinculados ao territorio común, inventariar e dixitalizar as obras públicas existentes en ambos municipios. Os seus promotores son: Fundación Bienal Arte de Cerveira/ Asociación Cultural Convento S. Paio/ Fundación Xoán Piñeiro/ Fundación Xavier Pousa / Asociación Cultural Pintor Antonio Fernández.

“Actividades lúdico-educativas para vacacións activas e creativas”: ten coma fin a organización de actividades de verán ao aire libre compartidas entre nenos e nenas de ambos os concellos, para ofrecer alternativas de conciliación laboral para as familias. Os promotores desta proposta son: Asociación de Pais do Centro Escolar da Vila/ Asociación de Pais do Centro Escolar Norte/ Mesa de ANPAS dos Centros Educativos de Tomiño.

“Actividades artísticas e medio-ambientais para a poboación infantil de Vila Nova de Cerveira e Tomiño”: o fin é fomentar unha educación en valores, mediante visitas guiadas a unha granxa escola; actividades creativas con materiais de reciclaxe, etc. Os promotores son: Associação de Pais do Centro Escolar da Vila/ Asociación de Pais do Centro Escolar Norte/ Mesa de ANPAS dos Centros Educativos de Tomiño.

“AMIZ’ARTE Sen Fronteiras”: busca favorecer a participación activa e inclusiva das persoas con discapacidade a través dun proxecto de arte comunitaria transfronteiriza. Ten como promotores: Delegación de Valença e de Monção da APPACDM de Viana do Castelo/  Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (AFAGA)/ Asociación de Persoas con discapacidade (Vontade).

“Pensar o Corpo. Mover a Mente”: pretende incentivar a poboación a practicar deporte, valorando a saúde física e mental, fomentando os costumes e os valores locais. Os seus promotores son: Club de Fitness de Cerveira (Asociación sen fins lucrativos)/ Asociación Sociocultural Senraia

Novas relacionadas

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música
27 Marzo, 2023

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música


Ler máis
Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’
15 Marzo, 2023

Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’


Ler máis
As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”
10 Marzo, 2023

As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego