logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Projeto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Agenda Estratégica
    • Parque da Amizade
    • Documentação
    • About us
  • Participação
    • OPT
    • Provedoras
  • Serviços
    • Serviços partilhados
    • Atividades
    • Agendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economia
  • Notícias
  • Contacto
Português
  • Galego
✕
Últimos días para que a cidadanía de Tomiño e Cerveira escolla os novos proxectos do Orzamento Participativo Transfronteirizo 2019
5 Dezembro, 2018
OPT 2019: Populações de Cerveira e Tomiño elegem atividades comuns para crianças
18 Dezembro, 2018

Cerveira e Tomiño traballan para mellorar a súa colaboración no sector turístico

12 Dezembro, 2018
Reunión sobre turismo transfronteirizo

Vila Nova de Cerveira e Tomiño seguen a estreitar lazos en distintos ámbitos. Nesta ocasión ambos os dous municipios están a traballar na redacción dunha axenda de coñecemento, divulgación e promoción da competitividade do sector. Técnicos municipais de turismo, desenvolvemento local e cooperación transfronteiriza; representantes do empresariado local; asociacións cívicas, comerciais e culturais e representantes de institucións que conforman a Eurocidade celebraron varias reunións de traballo con diferentes actores turísticos para tratar as distintas problemáticas do sector turístico baixo un enfoque transfronteirizo, buscando avanzar nunha diagnose común en termos de relevancia, potencialidades e necesidades do turismo no territorio.

Fortalezas e debilidades

Nestas reunións os distintos actores destacaron o río Miño, a singularidade fronteiriza e actividade no sector agrario, cos viveiros e adegas que desenvolven a súa actividade na comarca, como principais valores territoriais da Eurocidade para o turismo, elementos a fortalecer e destacar para achegar á cidadanía un programa turístico transfronteirizo. Pola súa banda, a mobilidade e o transporte, así como a colaboración e promoción turística conxunta,  son aspectos fundamentais que cren que se deben de mellorar.

Todos estes temas serán abordados nas Xornadas de Turismo que se celebrarán a principios do vindeiro ano 2019 en Vila Nova de Cerveira, nas que se afondará nas necesidades a abordar e nos aspectos identificativos a potenciar para mellorar a dinamización do sector turístico na Eurocidade Cerveira-Tomiño. O obxectivo é promover un maior coñecemento sobre o sector do turismo local e dinamizar o potencial económico da Eurocidade.

Os encontros foron dinamizados pola Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (FCEER), constituída polas universidades da Coruña, Minho, Porto, Santiago de Compostela, Trás-os-Montes e Alto Douro e Vigo, e contan coa colaboración do Instituto Politécnico de Viana do Castelo (IPVC).

Esta proposta enmárcase na Axenda Estratéxica de Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño, cofinanciada ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP  a través de fondos FEDER da Unión Europea.

Related posts

28 Dezembro, 2022

A Eurocidade Cerveira-Tomiño tem novas Provedoras Transfronteiriças


Read more
19 Dezembro, 2022

Cerca de 900 jovens elegem a organização de jogos e actividades musicais transfronteiriças para o 2023


Read more
A Eurocidade Cerveira-Tomiño lanza unha enquisa para coñecer a opinión da veciñanza sobre problemáticas transfronteirizas
16 Dezembro, 2022

A Eurocidade Cerveira-Tomiño lança um inquérito para conhecer a opinião da vizinhança sobre questões transfronteiriças.


Read more


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Português
  • Português
  • Galego